Este mércores as alumnas e os alumnos de 3º de Educación Primaria
plantaron no invernadoiro. Desta volta plantaron leitugas lisas. Ademais,
plantaron unha árbore a carón do colexio. Trátase dunha moreira, de nome
científico Morus alba. Como sabedes,
as follas desta árbore son as favoritas dos vermes de seda, pois esperamos
crialos para o vindeiro curso, co obxecto de observar a súa metamorfose.
Ningún comentario:
Publicar un comentario