luns, 19 de marzo de 2018

CHEGADA DA PRIMAVERA!!





A primavera de 2018 comezará o 20 de marzo ás 17h 15m hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento). Esta estación durará 92 días e 18 horas, e terminará o 21 de xuño co comezo do verán. En canto aos planetas, durante toda a primavera, Venus será visible logo da posta de Sol, e Marte e Saturno serán visibles ao amencer. Xúpiter tamén será visible ao amencer ao comezo da estación, pasando a ser visible toda a noite no mes de maio. Por outra banda, o horario de verán comeza o último domingo de marzo, o día 25 ás 2 da madrugada hora peninsular. Nese momento adiantaremos o reloxo ata as 3 (a 1 da madrugada en Canarias pasará a ser as 2). Ese día xa que logo terá oficialmente unha hora menos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario