Hoxe dúas persoas de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) instalaron no noso centro unha exposición sobre especies
invasoras. Trátase dunha serie de paneis nos que se expón o problema que supoñen as
especies invasoras nos nosos ecosistemas, especies tanto vexetais como animais. Esta
exposición comeza na entrada do edificio norte (onde están as aulas de
Educación Infantil, entre outras) e segue polo primeiro andar. esta exposición estará no noso colexio ata o 22 deste mes. É moi
interesante.
Convidámosvos a todas e a todos a que veñades vela.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario