martes, 22 de decembro de 2020

Comezo do inverno 2020

O inverno comezou onte 21 de diciembre ás 11 horas y 2 minutos, hora oficial peninsular, segundo cálculos del Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional, Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana). Vai durar 88 días e 23 horas, e rematará o 20 de marzo de 2021, cando comezará a primavera.
Se queredes ter máis información podedes acceder á paxina do Instituto Xeográfico Nacional ou na do xornal GCiencia.
Ademais, este ano, arredor desta data poderemos ver, se as nubes o permiten a chamada "Estrela de Belén", que é a alineación, vista desde a Terra, dos planetas Xúpiter e Saturno, o cal producirá un gran brillo no ceo nocturno. Podes ver este vídeo da revista Muy Interesante sobre este fenómeno:

sábado, 19 de decembro de 2020

Caixa niño e comedeiro para paxaros

Este pasado xoves colocamos nunha das bidueiras do areeiro unha caixa niño e un comedeiro para paxaros que nos enviou a Asociación Ambiental Adiantum, co Proxecto “Aves de Compostela“ e o apoio da Deputación Provincial da Coruña.



xoves, 17 de decembro de 2020

Experimentos con cores e outras propiedades físicas

Esta semana fixemos na aula de 5º dous experimentos relacionados, pois que en ambos os dous trabállase con cores.

O primeiro, que chamamos Arco da vella no prato, consiste en poñer nun prato unhas cantas lentellas de chocolate e azúcar coloreado, botarlles auga e ver o que ocorre. A cor abandoa os caramelos e tingue a auga, pero as cores non se mesturan. O azúcar aumenta a densidade da auga e forma barreiras de cor.


O segundo experimento, Mestura de cores, traballa a capilaridade, que é a capacidade, grazas a cal a auga pode subir aproveitando conductos minúsculos, o que lle ven moi ben, por exemplo, ás plantas para levar a auga da raíz ás follas. Neste caso, o papel de cociña transmite por capilaridade a auga coloreada duns tarros a outros, formando, así as cores secundarias violeta, laranxa e verde.


 

venres, 11 de decembro de 2020

O ovo e a botella

Esta semana fixemos en varias aulas do colexio este sinxelo pero espectacular experimento. Consiste en facer entrar un ovo nunha botella grazas á forza exercida pola presión atmosférica. Cando dentro da botella se consume o oxíxeno a presión atmosférica empuxa con forza o ovo cara abaixo. Aquí tedes un vídeo demostrativo que fixemos nunha aula:



xoves, 10 de decembro de 2020

Un novo horto, novos espazos

O mércores e o xoves pasado fíxose unha gran transformación no horto do colexio. Trasladouse o invernadoiro para un novo lugar, un terreo novo que nos cedeu a Concellaría de Medio Rural do Concello de Santiago, detrás do valado sur. Foi posible grazas ao traballo desinteresado de Joao, o pai dunha alumna da aula de 5º, quen estivo traballando arreo: o mércores pola tarde traballou preparando o terreo para poder mover o invernadoiro do seu lugar, traballando con forza, como podedes ver no vídeo.


O xoves pola mañán, Joao estivo traballando de novo, desinstalando o invernadoiro de onde estaba e levándoo á nova ubicación, o que supuxo cavar zanxas, preparar o novo terreo, facer unha canalización para levar a auga ata alí... Tamén foi posible grazas ao traballo de Carlos, avó doutro alumno da mesma aula, quen veu cunha excavadora para realizar todas as labouras precisas (volver encher os espazos onde estivera o invernadoiro, preparar o novo terreo, cavar zanxas...  Ademais, puxeron os troncos que tiñamos para comezar a crear o novo patio activo, que vai ser unha chulada! 

Tamén estiveron a traballar outros pais de alumnas e alumnos, como podedes ver.

Moitas grazas aos dous, polo voso esforzo e traballo para que todas e todos poidamos desfrutar agora duns novos espazos.