Este martes pasado, recibimos un montón de plantas que
noou o Servizo de Parques e Xardíns do Concello de Santiago. Ao longo da semana fomos plantando parte destas
plantas, coa axuda do alumnado de 6º e 4º de Educación Primaria, que
traballaron moi ben. Aínda nos queda traballo para plantar todas as plantas,
labor que continuamos hoxe, na volta das vacacións do Entroido e que seguiremos
nestes próximos días, tal é a cantidade de plantas que temos!
Moitas grazas ao Servizo
de Parques e Xardíns do Concello de Santiago!!
Gracias a eles trouxemos as seguintes plantas:
- Coprosma repens (Planta espello)
- Cornus sanguinea (Sanguino)
- Cotoneaster tomentoso
- Euonymus japonicus (Evónimo)
- Nandina domestica (Bambú sagrado)
- Santolina chamaecyparissus
- Pieris japonica (Andrómeda)
- Solidago virga-aurea (Vara de ouro)
- Photinia
- Lavandula angustifolia (Lavanda)
- Rosmarinus oficinalis (Romeu)
Ningún comentario:
Publicar un comentario