Ola a todas e a todos. Hoxe
imos iniciar unha nova sección que leva o título: “E
ti, que deporte fas?”. A idea é que quen queirades, tanto alumnas
e alumnos como nais, pais, avoas, avós... nos contedes que deporte
practicades e que significa para vós. Se vos serve de axuda e
queredes, podedes ir contestando, por exemplo, ás seguintes
preguntas, pero se preferides contárnolo doutra maneira, adiante.
As
preguntas poderían ser estas:
Que
deporte practicas?
Desde
cando fas este deporte?
Por
que empezaches a practicalo?
Como
te sentes cando fas deporte?
Que
ten de bo para a saúde?
Que
aprendiches practicando este deporte?
Que
competencias, habilidades, valores... cres que ensina ou transmite o
teu deporte?
Por
favor, enviade as vosas colaboracións ao colexio a traveso das vosas
fillas e os vosos fillos no formato que estimedes oportuno. Despois
nós (profesorado e alumnado ) irémolas publicando.
Coa
vosa participación estades animando a moitas persoas e a moitas
rapazas e rapaces a levar unha vida sa e activa, e a transmitir
valores que van ser importantes nas súas vidas. Gracias pola vosa
participación, esperámosvos!