A semana pasada, o alumnado de 4º de Educación Primaria levou a cabo o lanzamento do noso foguete espacial cunha botella de auga. Ben, en realidade foron varios lanzamentos, e en todos os casos acadouse o éxito! Para iso utilizaron unha botella de plástico, un tapón de cortiza e unha bomba para inflar balóns ou rodas de bicicleta. O resultado é espectacular, pois lanzamos o foguete a varios metros de distancia.
Enchemos a botella ata aproximadamente un terzo de auga e metemos aire a presión na botella. O resultado é que a botella vese impulsada pola presión da auga, e é unha demostración da terceira lei de Newton: toda acción produce unha reacción igual e contraria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario