Esta semana
comezamos na aula de 4º de Educación Primaria a realizar experimentos sobre as
propiedades da auga e a súa relación coa vida no noso planeta. Comezamos con
catro experimentos:
- Paseo da auga pola planta: un sinxelo experimento que amosa que a auga que a planta absorbe polas raíces evapórase a través dos estomas.
- Auga que desaparece: neste caso podemos observar como as follas axudan a evaporar a auga do solo mediante a transpiración.
- Colar o chan: un experimento deseñado para amosar que tipo de solo retén mellor a auga.
- Ciclo da auga nunha bolsa: aquí observamos como a auga evaporada condénsase nas paredes dunha bolsa e volve ao fondo.
Todos estes
experimentos levámolos a cabo en equipos, quen tiñan que elaborar previamente
unha hipótese sobre o que acontecería, máis tarde levaron a cabo o experimento
e finalmente extraeron as conclusións a partires dos datos obtidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario