luns, 27 de xaneiro de 2020

BURBULLAS DE XABÓN


O xoves pasado as alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria, seguindo co seu traballo de investigar as propiedades da auga saíron ao patio a facer burbullas de xabón xigantes e, tamén, se divertiron! Empregaron dous paus de fregona, aos que ían suxeitos dous cordeis e, para a preparación xabonosa mesturáronse nun caldeiro auga, unha parte de xabón lavalouzas e outra de glicerina. O resultado foi moi divertido! Ese día e o venres a experiencia fíxose extensiva ao alumnado de Edudación Infantil, que tamén o pasaron moi ben!





Foguete de auga


A semana pasada, o alumnado de 4º de Educación Primaria levou a cabo o lanzamento do noso foguete espacial cunha botella de auga. Ben, en realidade foron varios lanzamentos, e en todos os casos acadouse o éxito! Para iso utilizaron unha botella de plástico, un tapón de cortiza e unha bomba para inflar balóns ou rodas de bicicleta. O resultado é espectacular, pois lanzamos o foguete a varios metros de distancia.

Enchemos a botella ata aproximadamente un terzo de auga e metemos aire a presión na botella. O resultado é que a botella vese impulsada pola presión da auga, e é unha demostración da terceira lei de Newton: toda acción produce unha reacción igual e contraria.




Plantando en macetas

Este pasado venres as alumnas e os alumnos de 2º de Educación Primaria estiveron traballando preparando e plantando nas macetas do patio. Traballaron moi ben, e o resultado é que o patio está moito máis chulo que antes!

mércores, 15 de xaneiro de 2020

Experimentos sobre as propiedades auga

 Esta semana comezamos na aula de 4º de Educación Primaria a realizar experimentos sobre as propiedades da auga e a súa relación coa vida no noso planeta. Comezamos con catro experimentos:
  •    Paseo da auga pola planta: un sinxelo experimento que amosa que a auga que a planta absorbe polas raíces evapórase a través dos estomas.
  •    Auga que desaparece: neste caso podemos observar como as follas axudan a evaporar a auga do solo mediante a transpiración.
  •    Colar o chan: un experimento deseñado para amosar que tipo de solo retén mellor a auga.
  •   Ciclo da auga nunha bolsa: aquí observamos como a auga evaporada condénsase  nas paredes dunha bolsa e volve ao fondo.

Todos estes experimentos levámolos a cabo en equipos, quen tiñan que elaborar previamente unha hipótese sobre o que acontecería, máis tarde levaron a cabo o experimento e finalmente extraeron as conclusións a partires dos datos obtidos. 
  



TRABALLO NO HORTO DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Estes días as alumnas e os alumnos de 6º de Educación Primaria están a traballar en tarefas relacionadas co horto. Así, están a verificar todas as macetas do colexio, facendo en cada momento o tratamento que require cada unha delas (poda, cambio de maceta, plantación en terra directamente, substitución de plantas...), co obxecto de darlle un novo aspecto ao recinto escolar. Así mesmo, cambiaron os hortos escalonados de lugar, pois agora están na entrada do edificio sur. Houbo que retirar a terra, transladar os hortos e volver encher con terra. Por outra parte, imos ir preparando o invernadoiro e outros espazos do horto para comezar a plantar hortalizas de contado. Ánimo!