Este libro
sorprendente nos leva a coñecer a vida dos lobos salvaxes en liberdade. En
contra do que poidamos pensar, os lobos viven en familias nas que todos os
individuos colaboran e axudan aos demais. Para os lobos todo xira arredor da
familia. E toda ela coida das crías. Na educación do “método lobo” as crías
poden experimentar pola súa conta pero teñen que aprender que cada acción ten
as súas consecuencias. Nunha familia de lobos todos coidan de todos, os irmáns
maiores coidan dos máis pequenos, os animais enfermos e anciáns son coidados
ata que melloran. Agora sábese que o comportamento dos lobos en liberdade é moi
diferente do que amosan os animais encerrados, onde non se reúnen individuos á
forza, non teñen posibilidade de emigrar nin de buscar parella e, por suposto,
non se lles permite cazar.
En contra do que
nos teñen ensinado moitas veces, os lobos non son seres malvados nin animais
que fan dano, senón que son os animais cun comportamento moi parecido ao dos
seres humanos, pois estes cánidos senten emocións como o amor, o instinto de
protección aos seus, coidan da súa familia, comunícanse... Ademais, dos lobos
podemos aprender moitísimas cousas!
A autora, Elli H.
Radinger traballou case trinta anos con lobos salvaxes en liberdade e é
considerada unha das maiores expertas en lobos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario