Ao noso pradairo ou arce xaponés, que plantáramos a fins do curso pasado, xa lle comezaron a brotar follas. Comezou despois doutras árbores (á amendoeira que está ao seu carón xa lle comezaran brotar varias semanas antes). O pradairo é unha árbore caducifolia moi fermosa. O pradairo xaponés é moi pequeno en comparación con outros pradairos, por exemplo o pradairo máis común en Galicia, o Acer pseudoplatanus, que acada un gran porte. Pola contra, o pradairo xaponés é unha arboriña, iso si, cunhas follas espectaculares!
Ningún comentario:
Publicar un comentario