Esta mañán as alumnas e os alumnos de 5 de Educación Primaria foron plantar ao horto. Plantaron dentro do invernadoiro leitugas de folla de carballo e berenxenas raiadas, e fóra millo de cores, millo para facer flocos de millo e espárragos. Foi un bo traballo!
luns, 29 de abril de 2019
venres, 26 de abril de 2019
E aínda máis leitugas!
Pois si, neste curso a nosa producción de leitugas é extraordinaria! Nesta ocasión puideron levar leitugas as alumnas e os alumnos de 2º de Educación Primaria. Bo proveito!
venres, 12 de abril de 2019
Novo reparto de leitugas
Onte as alumnas e os alumnos de 1º de Educación Primaria levaron leitugas para comer na casa. Neste caso foron leitugas (Lactuca sativa) rizas e "marabilla de verán".
Gazanias
No noso colexio, coa primaver, imos tendo máis flores. Nestas imaxes podedes ver gazanias (nome científico Gazanea), que son unhas plantas moi duras que florecen desde primavera ata finais de verán. Teñen un gran colorido e son moi fermosas.
xoves, 11 de abril de 2019
Pradairo xaponés (Acer Palmatun Osakazuki)
Ao noso pradairo ou arce xaponés, que plantáramos a fins do curso pasado, xa lle comezaron a brotar follas. Comezou despois doutras árbores (á amendoeira que está ao seu carón xa lle comezaran brotar varias semanas antes). O pradairo é unha árbore caducifolia moi fermosa. O pradairo xaponés é moi pequeno en comparación con outros pradairos, por exemplo o pradairo máis común en Galicia, o Acer pseudoplatanus, que acada un gran porte. Pola contra, o pradairo xaponés é unha arboriña, iso si, cunhas follas espectaculares!
luns, 8 de abril de 2019
Lecturas en familia
ELLI H. RADINGER: LA SABIDURÍA DE LOS LOBOS
Este libro
sorprendente nos leva a coñecer a vida dos lobos salvaxes en liberdade. En
contra do que poidamos pensar, os lobos viven en familias nas que todos os
individuos colaboran e axudan aos demais. Para os lobos todo xira arredor da
familia. E toda ela coida das crías. Na educación do “método lobo” as crías
poden experimentar pola súa conta pero teñen que aprender que cada acción ten
as súas consecuencias. Nunha familia de lobos todos coidan de todos, os irmáns
maiores coidan dos máis pequenos, os animais enfermos e anciáns son coidados
ata que melloran. Agora sábese que o comportamento dos lobos en liberdade é moi
diferente do que amosan os animais encerrados, onde non se reúnen individuos á
forza, non teñen posibilidade de emigrar nin de buscar parella e, por suposto,
non se lles permite cazar.
En contra do que
nos teñen ensinado moitas veces, os lobos non son seres malvados nin animais
que fan dano, senón que son os animais cun comportamento moi parecido ao dos
seres humanos, pois estes cánidos senten emocións como o amor, o instinto de
protección aos seus, coidan da súa familia, comunícanse... Ademais, dos lobos
podemos aprender moitísimas cousas!
A autora, Elli H.
Radinger traballou case trinta anos con lobos salvaxes en liberdade e é
considerada unha das maiores expertas en lobos.
venres, 5 de abril de 2019
Reciclaxe con Adega
Onte xoves, as alumnas e os alumnos de 3º de Educación Primaria estiveron con María, da asociación ecoloxista ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), a analizar os diferentes residuos dos contedores do colexio para comprobar se se está a facer correctamente a separación destes residuos nos diferentes colectores de lixo. Ao longo desta sesión foron determinando onde teñen que ir cada un dos residuos que xeramos. Tamén tomaron conciencia do importante que é xenerar menos residuos.
Plantación do alumnado de 4º de Educación Primaria
O mércores pasado as alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria plantaron no horto, fronte ao invernadoiro, coliflor verde e brócoli morado. Foi un traballo moi ben feito!
Plantación do alumnado de 1º de Educación Primaria
Este luns as alumnas e os alumnos de 1º de Educación Primaria foron ao horto plantar. Plantaron remolacha, romanesco e brócoli morado. Estas rapazas e rapaces traballan moi ben!
martes, 2 de abril de 2019
Plantación do alumnado de 3º de Educación Primaria
O pasado xoves as alumnas e os alumnos de 3º de Educación Primaria foron plantar ao horto. Plantaron leitugas e pementos de Padrón dentro do invernadoiro. Tamén estiveron limpando a área de plantación que está na entrada do invernadoiro e regaron as árbores que temos fóra do muro de peche (dúas maceiras, unha pereira, dous carballos, unha moreira e unha figueira). Traballaron moi ben, foron moi eficientes!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)