domingo, 28 de febreiro de 2021
FORMACIÓN NO CLUB DE CIENCIAS CON JOSÉ VIÑAS
sábado, 20 de febreiro de 2021
Primeiras imaxes en cor de Marte tomadas polo Perseverance
No xornal GCiencia amósannos as primeiras imaxes en cor que tomou o Perseverance da superficie de Marte. Tamén podedes acceder á súa páxina web premendo neste enlace.
A enxeñeira aeroespacial Diana Trujillo en entrevista
Diana Trujillo fálanos de misión Marte 2020 da NASA
Neste vídeo a enxeñeira aeroespacial Diana Trujillo, a directora de voo da misión Perseverante explicaba hai uns meses o que ían buscar a Marte. Moi interesante!
mércores, 10 de febreiro de 2021
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia con Nieves Vidal González
Esta mañá no colexio celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Nas aulas de 1º, 5º e 6º de Educación Primaria tivemos unha xornada sobre a ciencia con Nieves Vidal González, co título "Esta árbore precisa de min". Nieves é doutora en bioloxía no Instituto de Investigacións agrobiolóxicas de Galicia (IIAG), do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), en Santiago de Compostela. Está a investigar sobre micropropagación de especies leñosas (sobre todo árbores), tamén é especialista en crioconservación de especies como o castiñeiro, o carballo ou a sobreira, análise de estabilidade xenética en plantas cultivadas in vitro, entre outras.
Nas aulas falounos de diferentes aspectos do seu traballo como científica, de homes e mulleres científicas e das súas investigacións. Amosounos o proceso que desde o Instituto levaron a cabo para clonar un carballo famoso, o Carballo das Mentiras de San Miguel de Sarandón, en Vedra, que enfermara e estaba a morrer. Explicounos todo o proceso científico levado a cabo, así como moitos aspectos, moi interesantes, do traballo científico. Foi unha charla moi interesante e instructiva, achegándonos a ciencia e o traballo científico dun xeito atractivo. Moitas grazas por compartir con nós esta xornada!
domingo, 7 de febreiro de 2021
Prohibida a caza do lobo en España
martes, 2 de febreiro de 2021
De onde ven a caca? Segunda parte
De onde ven a caca? Primeira parte
Na aula de 5º fixemos unha experiencia moi interesante sobre como se producen as substancias de refugallo no noso corpo no proceso da dixestión. É un traballo proposto e realizado por María Mayo, alumna da Facultade de Ciencias da Educación para a asignatura de Ciencias da Natureza. Esta que vedes é a primeira parte dunha experiencia que remataremos mañá, cando vexamos o resultado da acción do "zume gástrico", representado polo vinagre. Neste vídeo podedes ver a primeira parte do experimento.