martes, 22 de setembro de 2020

COMEZO DO OUTONO 2020

O outono comeza hoxe 22 de setembro ás 15 horas e 31 minutos hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento). Esta estación durará 89 días e 20 horas, e rematará o 21 de decembro, cando comezará o inverno.

No ceo ao amencer poderedes ver Venus e, ao comezo da estación, Marte; á noitiña serán visibles Xúpiter e Saturno, aos que se unirá Marte a mediados do mes de outubro.

O inicio do outono é a época do ano en que a lonxitude do día se acurta máis rapidamente. Ás latitudes da península, o Sol sae polas mañás máis dun minuto despois que o día anterior, e pola tarde ponse máis dun minuto antes. Así, ao comezo do outono, o tempo en que o Sol está por encima do horizonte diminúe case tres minutos cada día.
Esta información foi obtida da páxina:
https://astronomia.ign.es/inicio-de-las-estaciones, do Instituto Xeográfico Nacional

Ningún comentario:

Publicar un comentario