Nestes últimos días de xuño rematamos a ampliación da lagoa que tiñamos comezado días antes do confinamento polo Covid 19. Como lembraredes, primeiro a baleiráramos, deixándoa sen agua e estivéramos a cavar para facela máis grande. Cando chegou o confinamento, sen embargo, tivemos que abandoar todo este traballo e a lagoa secou.
Pero agora, por fin retamatámola e quedou así de xeitosa. Agora xa volve haber ras, escarabellos acuáticos, zapateiros, ninfas de cabaliños do demo... En pouco tempo haberá de novo un ecosistema de seres vivos na nosa lagoa que poderemos estudar cando voltemos ao colexio.
Ata entón, felices vacacións a todas e todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario