Mañá, 20 de maio, é o Día Mundial das Abellas. Como nos din na páxina da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), as abellas, ao transportar o polen dunha flor a outra non so permiten a producción abundante de froitas, froitos secos e sementes, tamén máis variedade e mellor calidade.
Pero na actualidade o número de abellas e moitos outros insectos está a diminuír. Por iso é importante que saibamos da súa importancia e que levemos a cabo accións que as protexan e aumenten o seu número. Neste vídeo podedes ver algunhas accións que podemos facer nós.
A páxina das Nacións Unidas tedes moita información sobre a importancia das abellas e que podemos facer todas e todos para protexer ás abellas a outros polinizadores:
https://www.un.org/es/observances/bee-day
Máis abaixo podedes ver algúns vídeos máis sobre as abellas e a súa importancia:
Máis abaixo podedes ver algúns vídeos máis sobre as abellas e a súa importancia:
Ningún comentario:
Publicar un comentario