mércores, 27 de maio de 2020

Obradoiro do confinamento 11

Aquí tedes unha nova actividade proposta polo Museo de Historia Natural da USC. Desta vez propón actividades relacionadas coas plantas e a natureza. Moitas grazas!

Webcams en tempo real para observar animais salvaxes

En Educación 3.0 móstrannos diferentes webcams que permiten observar en directo o comportamiento dun montón de animais: a Estación Biológica del Parque Nacional de Doñana, os hábitats presentados por SEO BirdLife (Sociedad Española de Ornitología), a vida salvaxe en África amosada pola plataforma Explore e por Africam e a vida dos animais salvaxes de Finlandia, que mostra a ONG WWF (World Wild Fund for Nature).
Premede no enlace ou na imaxe se queredes visitar a páxina de Educación 3.0, e nos nomes das organizacións para ver as súas páxinas.

martes, 26 de maio de 2020

Canto coñeces das praias galegas?

No xornal GCiencia chamounos a atención esta enquisa para comprobar se temos un bo coñecemento das praias galegas. Ben, parece difícil coñecelas todas, porque hai moitísimas (non volo podemos dicir porque é unha das preguntas da proba!). Pero cando menos das máis coñecidas sabemos moito, sobre todo se imos a elas, como xa é posible facer, afortunadamente. Aquí tedes a proba, a ver se sacades boa nota! E se non, non pasa nada, pode ser unha ocación para ir coñecelas!
Na foto de presentación amósannos a praia de Baldaio, do concello de Carballo, unha praia moi longa e cunha zona de marisma e unha lagoa impresionantes.
Premede neste enlace ou na foto se vos apetece facer a proba.
Neste xornal tamén podedes atopar outras novas moi intesantes relacionadas co mundo da ciencia e a tecnoloxía.

domingo, 24 de maio de 2020

Día Internacional da Diversidade Biolóxica

Este pasado 22 de maio celebrouse o Día Internacional da Diversidade Biolóxica, instaurado polas Nacións Unidas. A diversidade biolóxica, ou biodiversidade, fálanos da gran variedade de plantas, animais e microorganismos que existen no noso planeta, incluídas todas as diferencias xenéticas e a variedade de ecosistemas (lagos, bosques, desiertos, campos agrarios,...) nos que se producen múltiples interaccións entre seres humanos, plantas e animais, e o seu entorno (auga, aire, solo...). Esta diversidade é a que sostén a vida sobre o noso planeta.
Pero esta biodiversidade está a perderse e nos afecta a todas a a todos, tamén á nosa saúde.
As Nacións Unidas proclamaron este día para aumentar a comprensión e a conciencia dos problemas da biodiversidade.
Para ter máis información deste fenómeno tan importante, podedes acceder á páxina das Nacións Unidas. Para iso, premede neste enlace ou na imaxe de abaixo.

Nesta páxina podedes atopar vídeos moi intersantes sobre este tema:

xoves, 21 de maio de 2020

Nova proposta do Museo de Historia Natural

Aquí tedes a última proposta do Museo de Historia Natural no seu obradoiro de confinamento. Nesta ocasión propóñennos facer un volcán. Xa veredes que interesante! Premede na imaxe inferior para acceder á actividade, a que tamén podes chegar desde a columna dereita do noso blog.

martes, 19 de maio de 2020

DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS

Mañá, 20 de maio, é o Día Mundial das Abellas. Como nos din na páxina da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), as abellas, ao transportar o polen dunha flor a outra non so permiten a producción abundante de froitas, froitos secos e sementes, tamén máis variedade e mellor calidade.
Pero na actualidade o número de abellas e moitos outros insectos está a diminuír. Por iso é importante que saibamos da súa importancia e que levemos a cabo accións que as protexan e aumenten o seu número. Neste vídeo podedes ver algunhas accións que podemos facer nós.


A páxina das Nacións Unidas  tedes moita información sobre a importancia das abellas e que podemos facer todas e todos para protexer ás abellas a outros polinizadores: 
https://www.un.org/es/observances/bee-day
Máis abaixo podedes ver algúns vídeos máis sobre as abellas e a súa importancia:



luns, 18 de maio de 2020

Manual fogares verdes de ADEGA

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) está levando a cabo un programa de educación ambiental dirixido aos domicilios que ten como finalidade a promoción do aforro de auga e enerxía na vida cotiá. Vai dirixido a todos aqueles fogares interesados en participar. Se queredes ter máis información entrade na páxina de Fogares verdes, premendo no enlace.
Entre outras accións, publicou un caderno organizado arredor da enerxía e a auga. Se queredes descargalo podedes facelo neste enlace noso ou ir á páxina de ADEGA. Ten moita información valiosa para axudarnos a que o noso fogar sexa verde e contribúa a un mundo máis sostible.

domingo, 17 de maio de 2020

A menor diversidade, máis pandemia

Neste artigo do xornal "El Mundo", na sección "Planeta inteligente" un proyecto de UE Studio e Acciona, podemos ler un interesante artigo sobre a relación entre a disminución da diversidade ecolóxica, coa deterioración dos ecosistemas e a destrucción de grandes zonas de bosques, e a aparición de pandemias no planeta. Premede neste enlace ou nesta imaxe de abaixo.  

martes, 12 de maio de 2020

COMEZAR A IDENTIFICAR AVES

 Comezar a identificar aves
Nesta páxina de Turismo de Galicia podedes aprender a identificar aves, atendendo ás súas características físicas (tamaño, forma, cor...) e ao seu comportamento. Ademais, as imaxes das aves con espectaculares! Preme na imaxe para acceder a esta páxina. E ao final da mesma podes descargar unha Guía básica de aves mariñas en formato pdf.

xoves, 7 de maio de 2020

UN OSO NA SERRA DO INVERNADOIRO

Ola a todas e a todos! No xornal GCiencia nos mostran un vídeo espectacular de un oso pardo no Macizo Galego Ourensán, concretamente na Serra do Invarnadoiro. É a primeira vez que ocorre isto! Que ledicia!
Se queredes ampliar a información premede neste enlace.
E aquí vai o vídeo!

mércores, 6 de maio de 2020

OS CATRO CATROS

Ola a todas e a todos! Nesta entrada mostrámosvos un enredo matemático, a ver que vos parece. Cada pouco tempo ímosvos ir facendo propostas matemáticas para pensar divertidas.
Este vídeo que vos presentamos pertence ao canal de YouTube Tocamates TV, de José Ángel Murcia. Tamén ten unha páxina moi interesante de propostas matemáticas creativas,  http://www.tocamates.com/.

luns, 4 de maio de 2020

Obradoiros do Museo de Historia Natural

O Museo de Historia Natural da USC (Universidade de Santiago de Compostela segue a publicar Obradoiros para o confinamento, un xeito divertido de aprender sobre o medio ambiente. O último que nos presentan é un obradoiro para facer pintura de mans biodegradable, xa veredes que ben o pasades! Premede neste enlace ou na imaxe para acceder a eles.
E tamén podedes ver alí os obradoiros anteriores, se non o fixestes, animádevos.

domingo, 3 de maio de 2020

Actividades da Axencia Europea do Espazo

A ESA (European Space Agency), a Axencia Europa do Espazo, ofrécenos na súa páxina web ESA Kids moitas actividades moi interesantes, actividades, xogos, vídeos, concursos, noticias e un montón de artigos sobre o espacio, as misións espaciais europeas, ou mesmo información por se pensastes algunha vez ser astronautas. 
Podes acceder premendo nos enlaces ou na imaxe de abaixo. Anímate a visitar esta páxina!