luns, 20 de abril de 2020

O WARI

O wari é un xogo que naceu en África e pertence a unha familia de xogos que ten miles de anos. Este xogo que vos presentamos aquí pode chamarse wari, wari, ourri, warri, oware, awari, awele... e hoxe xógase en Costa de Marfíl, un país africano e en moitos lugares do Caribe, en América, onde o levaron as persoas que levaron como escravas a América. 

Nos vídeos e enlaces que vos presentamos máis abaixo podedes acceder a unha explicación máis detallada deste xogo. Aquí ímosvos facer un resume de como se xoga. 

O material que se necesita é ben sinxelo: 

  • 48 pedriñas, sementes, pauciños... obxectos pequenos fáciles de conseguir. 
  • 14 furados para poñer estes obxectos, poden ser mesmo furados pequenos na terra, unha caixa de ovos, un taboleiro de madeira...  


É un xogo para dous xogadores. 

O obxectivo deste xogo é conseguir máis pedras, sementes... que o contrario. Xa que hai corenta e oito ao comezo, basta con capturar vinte e cinco para ter máis que o noso opoñente e gañar a partida. 
Hai dúas filas de seis buracos, unha para cada opoñente. A que esta máis cerca de nós é a nosa, a outra é a da outra persoa. 
Movemos desde un furado de noso lado e comemos nos do lado contrario. 

Desenvolvemento do xogo
Comezamos poñendo catro fichas en cada un dos doce furados. Se temos dous furados máis aos lados do taboleiro, o que está á nosa dereita é a nosa “casa”, alí iremos deixando as fichas que capturamos. Se non os hai gardámolas onde nos resulte máis cómodo. 
Un movemento consiste en coller todas as pedras dun dos buracos do noso lado e ilas poñendo unha a unha nos buracos seguintes, tanto nosos como do noso rival, no sentido contrario ao das agullas do reloxo. 
A captura, prodúcese cando ao poñer a última ficha faixe nun furado rival que ten, coa ficha que acabamos de poñer, dúas ou tres fichas, que comemos e levámolas para a nosa casa. Do mesmo xeito faremos cos furados anteriores ao último, sempre que sexan do rival e conteñan dúas ou tres pedras. Rematamos cando non se cumpla unha das condicións anteriores (xa non son furados do rival e non teñen dúas ou tres pedras).



Enlaces: 

1 comentario: