EQUILIBRIUM. STOP MOTION de Algarabía Animación, unha divertida curtametraxe realizada para a empresa Inditex, onde nos plantexan cal é o noso papel na sustentabilidade e o equilibrio ecolóxico. Se queredes, botádelle un ollo á páxina de Algarabía Animación, veredes que interesante!
A Dirección xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, a través dun grupo de especialistas en educación física e das súas familias deseñou unha programación semanal que permite ao alumnado traballar algúns destes aspectos. Premede no enlace ou na imaxe para acceder á páxina web e aos vídeos.
Nos seus vídeos amósannos unha serie de actividades físicas a desenvolver durante uns 15 minutos, deseñadas para que o alumnado faga na casa, e para as que non é preciso material específico. Son sinxelas e divertidas e significativas.
Van dirixidas a que o alumna realice actividades físicas e técnicas de relaxación,ferramentas que nos axudan a protexer a nosa saúde e a calma.
O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) dispón dunha páxina para rapazas e rapaces moi interesante, KIDS.CSIC, na que podedes aprender ciencia de maneira divertida. Nela hai xogos, películas e un montón de información interesante sobre diferentes aspectos da ciencia. Premede neste enlace ou na imaxe para poder acceder a ela, seguro que vos vai gustar.
Neste artigo do xornal El País podedes ver unha reportaxe sobre unha das dúas estacións científicas españolas na Antártida, a base Juan Carlos I. Un xornalista viaxa a bordo do buque de Investigación Oceánica Hespérides, deseñado para facer investigación cientítica en todos os mares e océanos do planeta.
Neste artigo cóntanos moitos aspectos interesantes sobre este continente e sobre as investigacións que se levan a cabo alí.
Inclúe algunhas imaxes espectaculares, ademais deste impresionante vídeo.
Hoxe é o Día Internacional da Nai Terra. E ela está a sufrir. Como nos din na páxina das Nacións Unidas, hai pouco foron os devastadores incendios que se produciron en Australia, despois a peor invasión de langosta que se recorda en Kenia, e agora o COVID-19, unha pandemia que ten relación coa saúde do noso ecosistema. Preme neste enlace ou na imaxe inferior para coñecer polo miúdo esta situación, por medio da páxina das Nacións Unidas.
O wari é un xogo que naceu en África e pertence a unha familia de xogos que ten miles de anos. Este xogo que vos presentamos aquí pode chamarse wari, wari, ourri, warri, oware, awari, awele... e hoxe xógase en Costa de Marfíl, un país africano e en moitos lugares do Caribe, en América, onde o levaron as persoas que levaron como escravas a América.
Nos vídeos e enlaces que vos presentamos máis abaixo podedes acceder a unha explicación máis detallada deste xogo. Aquí ímosvos facer un resume de como se xoga.
O materialque se necesita é ben sinxelo:
48 pedriñas, sementes, pauciños... obxectos pequenos fáciles de conseguir.
14 furados para poñer estes obxectos, poden ser mesmo furados pequenos na terra, unha caixa de ovos, un taboleiro de madeira...
É un xogo para dous xogadores.
O obxectivo deste xogo é conseguir máis pedras, sementes... que o contrario. Xa que hai corenta e oito ao comezo, basta con capturar vinte e cinco para ter máis que o noso opoñente e gañar a partida.
Hai dúas filas de seis buracos, unha para cada opoñente. A que esta máis cerca de nós é a nosa, a outra é a da outra persoa.
Movemos desde un furado de noso lado e comemos nos do lado contrario.
Desenvolvemento do xogo:
Comezamos poñendo catro fichas en cada un dos doce furados. Se temos dous furados máis aos lados do taboleiro, o que está á nosa dereita é a nosa “casa”, alí iremos deixando as fichas que capturamos. Se non os hai gardámolas onde nos resulte máis cómodo.
Un movemento consiste en coller todas as pedras dun dos buracos do noso lado e ilas poñendo unha a unha nos buracos seguintes, tanto nosos como do noso rival, no sentido contrario ao das agullas do reloxo.
A captura, prodúcese cando ao poñer a última ficha faixe nun furado rival que ten, coa ficha que acabamos de poñer, dúas ou tres fichas, que comemos e levámolas para a nosa casa. Do mesmo xeito faremos cos furados anteriores ao último, sempre que sexan do rival e conteñan dúas ou tres pedras. Rematamos cando non se cumpla unha das condicións anteriores (xa non son furados do rival e non teñen dúas ou tres pedras).
Durante este tempo de corentena están a saír polos medios de comunicacións novas de animais salvaxes que aproveitan estes tempos de tranquilidade sen se sentir molestados pola presenza humana para moverse por todas partes. É o caso deste oso que puideron ver ultimamente nas montañas dos Ancares. No xornal GCiencia nos falan deste caso e inclúen un par de vídeos. Esperamos que vos guste!
Premede neste enlace ou na imaxe inferior para acceder á noticia.
Hoxe visitamos de xeito virtual o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, o único parque nacional que temos en Galicia. Nel inclúense os arquipélagos das illas Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora. A fins do curso pasado a comunidade escolar visitamos a illa de Cortegada, a carón de Vilagarcía. Foi unha experiencia moi interesante e aprendimos moitas cousas sobre a historia, a fauna e a flora deste pequeno paraíso.
Con este parque se protexen os ecosistemas terrestres, como as dunas e os cantís, e tamén os litorais, coas algas, a gran variedade de peixes e máis os bivalvos.
Neste vídeo podedes apreciar a beleza do noso parque:
Nesta páxina que nos ofrece a Consellería de Medio Ambiente, territorio e vivenda podedes coñecer a rede de itinerarios de Galicia e coñecer moitos itineratios con valores naturais, do noso patrimonio e panorámicos. Hai moitísimos lugares interesantes en Galicia! Premede na imaxe inferior para coñecelos.
Na natureza moitas cousas pequenas teñen moita forza, como
as formigas, o fío dunha tea de araña ou unha semente cando xermina.
MATERIAL NECESARIO:
Unha maceta de plástico pequena.
Terra.
Sementes de xudías.
Auga.
Xeso.
DESCRICIÓN:
Deixa en remollo as sementes de xudía pola noite. Planta dúas
ou tres sementes na maceta e rega. Mestura o xeso con auga e estende unha capa
de medio centímetro por riba da terra. Deixa a maceta ao sol e mira o que pasa.
As pequenas plantas de xudía teñen forza suficiente para
levantar o xeso e xerminar!
Hoxe presentámosvos esta curiosa e orixinal presentación do Museu del Ter, en Manlleu, Cataluña, creado, entre outras razóns, para poñer en valor o patrimonio natural do río Ter. O Ter é un río que nace nos Pirineus e desemboca no Mar Mediterráneo, despois de recorrer varias comarcas catalanas da provincia de Girona.
Nesta páxina, xe fas pasar o punteiro sobre as diferentes aves, poderás escoitar o seu canto. A que está moi ben? Premede neste enlace para poder ver dita páxina ou nesta imaxe de abaixo.
O Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un dos seis parques naturais que hai na actualidade en Galicia. Sitúase entre as rías de Arousa e de Muros e Noia, na provincia de A Coruña. Está formado polas dunas, a praia de Corrubedo e as lagoas de Vixán, de auga doce, e a de Carregal, de auga salgada. E de entre as dunas destaca, sen dúbida, a gran duna móbil, a máis grande do noroeste peninsular, de máis de un quilómetro de longo e preto de 20 metros de altura. Neste parque, viven unhas 3.000 aves acuáticas, entre elas cercetas, mazaricos, culleretes, pirlos, píllaras, pero tamén moitas outras especies de animais.
Premendo neste enlace ou na imaxe anterior, teredes máis información e podedes ver algunhas imaxes. Tamén esta interesante presentación do parque en vídeo.
Neste blog, de A horta de Artes, dannos ideas moi interesantes para plantar reutilizando materiais comúns que temos nas nosas casas. Neste artigo, amósanos un xeito moi orixinal e sinxelo de facer sementeiros cos tubos de cartón do papel hixiénico. Neste enlace ou na imaxe de abaixo podedes ver como fan. A que é unha idea xenial?