QUE PRECISAMOS. MATERIAIS
- Xudías ou chícharos
- Vaso pequeno
- Unha caixa pequena (serve unha de zapatos)
- Dous anacos de cartón
- Tesoiras
- Cinta adhesiva
- Terra
PROTOCOLO. PASOS A SEGUIR
- Planta unha ou dúas sementes nun vaso pequeno con terra. Régao e deixa que medren durante uns días.
- Se xa xerminou algunha das sementes que plantaches a semana pasada, métea no vaso xunto coa terra.
- Corta dous anacos de cartón máis curtos que o ancho da caixa e pégaos a diferente altura dentro da caixa. Así quedará un espazo libre para que a planta poida subir por aí.
- Fai un furado na parte de arriba da caixa.
- Pon o vaso na parte de abaixo da caixa e péchaa.
- Deixa a caixa nun lugar soleado durante varios días. Vai comprobando o seu crecemento e rega cada dous días.
QUE OBSERVAS?
Para as plantas é
esencial atopar luz, pois precísans para producir enerxía. Foto significa luz.
Neste experimento puxémoslle a planta uns obstáculos no seu camiño, que ela deberá
superar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario