O outro grupo foi á casa de José e Rosa, que moi amablemente lles atenderon, ensinaron e explicaron un montón de cousas. Viron o hórreo onde se garda o millo, unha vez esfollado. E descubriron que debaixo do hórreo había coellos. Tamén tiñan cabras, vacas, un cuxo, ovellas, un can e gatos.
Botáronlle millo ao porquiño, que lle gustou moito! Contáronlles que hai uns utensilios para esfollar o millo, pero que eles sempre o fixeron á man. Ensináronlles a debulladora, obra de José, onde se mete a espiga do millo e xa saen os grans sós.

Contáronlles que os carozos úsanos para encender o lume e de pequenos facían bonecas con eles. Unha vez debullado, usan dous muíños: un fai fariña e o outro millo tronzado (carozo e grans). A nosa rapazada disfrutou moito axudando a José!
Rosa ensinoulles a peneirar para deixar a fariña limpa para poder facer filloas, empanada, pan e papas.
Finalmente as nosas alumnas e alumnos entregáronlles un regaliño con todo o cariño e agradecemento. E Teresa e Pepe tiñan unhas rosquilliñas de agasallo!
Moitas gracias polo voso cariño e amabilidade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario