Esta estación durará 89 días
e 20 horas, e rematará o 20 de marzo co comezo da primavera.
Durante todo o inverno Marte
será visible despois de poñerse o Sol. Ao amencer veranse Venus,
Xúpiter e, desde de mediados de xaneiro, Saturno, que estará oculto
pola Lúa a madrugada do 2 de febreiro.
A lúa chea do mes de decembro
será o vindeiro día 22. A lúa chea, ou plenilunio, é unha fase
luar que sucede cando o noso planeta Terra se encontra situado
exactamente entre o Sol e a Lúa. Nalgúns lugares a esta lúa
chámaselle Lúa Fría, Lúa de Xeada ou Lúa antes do Nadal. Esta
Lúa vese alta no ceo porque está de fronte a un Sol moi baixo no
horizonte.
Ao longo desta estación se
producirán dous eclipses, un parcial de Sol que non será visible en
España (so no nordeste de Asia e no norte do Océano Pacífico), os
días 5 e 6 de xaneiro, e un total de Lúa o 21 de xaneiro, visible
en Europa, África e América.
O mes de decembro é dos de
menor actividade na horta, é un bo momento para planificar o
vindeiro ano e comezar a plantar os primeiros cultivos. Agora podemos
plantar allos e bulbos de cebola, chícharos e fabas lobas. Podemos
plantalas de xeito escalonado, por exemplo en tres veces entre
decembro e febreiro, para que non nos veña todo o froito xunto.
Non debemos deixar o solo
espido, pois as xeadas reducen a súa fertilidade. Se non imos
plantar nada ata a primavera, podemos cubrilo cunha cuberta vexetal
(herba, follaxe...), que aumenta a actividade biolóxica e reduce a
aparición doutras herbas, ademais, a súa descomposición será boa
para a terra.
Esta información foi extraída
das páxinas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario