venres, 28 de setembro de 2018

Acer palmatum ‘Osakazuki



Que vos parece este arce xaponés que plantamos a fins do curso pasado, a que está moi chulo?
Esta é unha árbore pequena, que chega a uns 7 ou 8 metros de altura, con follas palmeadas que se poñen vermellas no outono. Como podedes apreciar nas imaxes xa está dando froito, esas samaras das que vos falamos que son características de todos os arces (no colexio xa tiñamos uns arces, pero estes bastante máis grandes, que son os pradairos ou sicomoros (Acer pseudoplatanus), que se dan de xeito natural nos bosques galegos. O arce xaponés, como o seu nome indica, procede de Xapón, e é moi apreciado para plantar nos xardíns, pola espectacular cor das súas follas. Esta árbore plantámola a carón da entrada do parque infantil, se a queredes vir ver.

As primeiras plantas









Este xoves pasado as alumnas e os alumnos de de 3 e 5 anos, xunto coas súas titoras, estiveron plantando plantas de aloe vera, que trouxo a profe Ángeles. Como vedes empregamos testos de barro, que son moi naturais. Podedes apreciar como todas e todos se esforzaron en facer un bo traballo. A aloe vera é unha planta de procede do norte de África, e ten propiedades medicinais moi interesantes. Como podedes ver no artigo que enlazamos da Wikipedia, esta planta se empregaba xa como medicina na antiga Mesopotamia, hai máis de 4.000 anos! E seguramente aínda se empregaría moitos antes, como sabemos que ocorría con outras plantas medicinais, que xa se utilizaban na idade de Pedra, o Paleolítico, hai moitos miles de anos máis, cando os seres humáns aínda non nos dedicábamos á agricultura. 

 A aloe vera é moi boa ten moitísimas propiedades medicinais, especialmente para tratar problemas da pel, pois axuda a eliminar bacterias nocivas para a pel, é moi boa para previr as engurras, calma as irritacións da pel, e moitas outras propiedades máis (a información deste último parágrafo obtivémola na páxina web: www.webconsultas.com/belleza-y-bienestar/plantas-medicinales/propiedades-del-aloe-




Uns días antes unha compañeira de 3º axudounos a plantar algunhas das plantas con flores que podedes ver na entrada do colexio.

venres, 21 de setembro de 2018

Comezo do outono 2018



O outono de 2018 comezará o 23 de setembro ás 3h 54m hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento). Esta estación durará 89 días e 20 horas, e terminará o 21 de decembro co comezo do inverno.
Despois da posta de Sol, poderemos ver os planetas Marte e Saturno durante todo o outono, e Xúpiter ata mediados de novembro. Ao mencer serán visibles Venus a partir de novembro, e Xúpiter desde decembro.
Por outra banda, o domingo día 28 de outubro terá lugar o cambio de hora, recuperando o horario de inverno.
Esta información foi obtida da páxina  http://astronomia.ign.es/inicio-de-las-estaciones, emitida polo Instituto Xeográfico Nacional.

xoves, 6 de setembro de 2018

Comezo de curso 2018-2019


Ola a todas e a todos!
Xa estamos a comezar un novo curso, 2018-2119, esperamos que esteades a pasar un bo verán e que a quen aínda lle queden vacacións que as disfrute ao máximo. Esperamos que todo vos vaia moi ben! Nós xa estamos no colexio e comezamos con moitas ganas de traballar na defensa do Medio Ambiente xunto coa nosa querida comunidade educativa!
Neste curso temos moitos proxectos que queremos levar a cabo. En primeiro lugar, agradecémosvos a todos a todas vós o traballo realizado durante o curso pasado, sen a vosa axuda non sería posible levar a cabo este proxecto. Moitas grazas ás alumnas e alumnos deste colexio, a pais, nais, titores e titoras, á nosa conserxe Carmiña, á ANPA e a todo o profesorado!
Como en cursos anteriores seguimos a traballar un curso máis coa inestimable axuda da Fundación Fernández Rey-Latorre, a traveso do seu programa Voz Natura, a quen lle agradecemos de todo corazón a súa colaboración. Moitas gracias!
Tamén queremos agradecer a asociación Adega a súa colaboración e asesoramento ao longo do curso pasado, e esperamos seguir traballando con elas e eles.
Durante este curso temos previsto levar a cabo moitas actividades, por suposto relacionadas co noso horto, pero tamén coa contorna que nos rodea e coa nosa historia rural. Ímolo pasar xenial!
Ata pronto!