|
|
|
|
|
|
|
Hoxe visitaron o noso colexio María e Itziar de ADEGA a axudarnos no noso traballo coa compostaxe. Como sabedes, neste curso estamos a facer esta actividade coa colaboración de esta asociación ecolóxica, quen nos axuda e asesora para que podamos obter un bo compost para o noso horto.
Coas alumnas e os alumnos de 3º de Primaria (quen se encargan nesta temporada de facer o traballo principal de compostaxe (fomos observando os diferentes composteiros, medimos a temperatura do seu interior e revisamos a súa composición, comprobamos que había macroorganismos (vermes, bichos bola...).
Os resultados son:
No primeiro composteiro xa temos compost preparado para abonar a nosa horta!
O segundo está comezando a producirse a fermentación.
Moitas grazas a María e a Itziar pola súa axuda e asesoramento!
Ningún comentario:
Publicar un comentario