| |
| |
Onte no
colexio fixemos unha importante renovación da nosa lagoa. Tivemos a axuda de
Bea, a nai de Alexandra de 6º de Educación Infantil. Axudounos a deseñar o novo
aspecto da lagoa, con novas plantas e un aspecto moito máis atractivo.
Aconsellounos a mellor maneira de dispoñelas e traballou a tope toda a mañán.
Moitas gracias Bea, por dedicarnos o teu tempo e o teu traballo!
Ademais,
colaboraron un montón de alumnas e alumnos, de Educación Infantil e dalgunhas
aulas de Educación Primaria.
O resultado
é o que podedes apreciar nestas imaxes. Pero, atención, aínda non está rematado
e temos previsto algunhas melloras máis, estade atentas e atentos!
Por certo,
xa sabedes que na lagoa xa hai moitas ras e ata atopamos algunhas píntegas
pequeniñas, ademais de insectos (escaravello mergullador, arañas), moluscos
(caracois), crustáceos (bicho bola)...