O noso colexio ven
de recibir o premio provincial da 20ª edición de Voz Natura. O
Comité Científico do programa Voz Natura, promocionado pola
Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, considerou que o noso
colexio é merecedor deste premio pola diversidade de actuacións
medioambientais desenvolvidas no centro. Este premio é para todos e
todas, de toda a Comunidade Educativa, pois premia o traballo
levado a cabo durante todos estes anos. Felicidades!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario