luns, 6 de marzo de 2017

INICIO DA PRIMAVERA 2017


A primavera do ano 2017 comezará oficialmente o vindeiro 20 de marzo, ás 11:29 horas, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento). Esta estación durará 92 días y 18 horas, e rematará o 21 de xuño co comezo do verán.
Neste período o ceo da mañá vai estar dominado polos planetas Venus e Saturno. Este último tamén será visible pola noite durante o mes de xuño. Xúpiter vai ser visible toda a noite e, desde mediados de abril, tamén o veremos no ceo da mañá. Marte tamén será visible pola mañá e á tardiña.
Debemos ter en conta, tamén, que o domingo 26 de marzo terá lugar o cambio de hora, recuperando o horario de verán.
Este día, o 20 de marzo será o equinoccio de primavera. Nos equinoccios o día dura case o mesmo que a noite, é dicir, 12 horas, e iso é así en todos os lugares da Terra. Isto ocorre dúas veces ao ano: en marzo e en setembro. Daquela, os dous polos da Terra están á mesma distancia do Sol, e encóntrase iluminada unha metade exacta da Terra, mentres que a outra está escura. Ademais, nestes días o Sol nace exactamente polo punto do leste e se pon de igual xeito polo do oeste.
Información obtida nas seguintes direccións:
http://www.elmundo.es/ciencia/2017/03/02/58b7f4e2468aebf1438b4618.html
http://www.cuandopasa.com/index.php?v=v27907h

Ningún comentario:

Publicar un comentario