|
|
martes, 28 de marzo de 2017
TULIPÁNS
Neste inicio de primavera imos ver agromar moitos tulipáns no colexio. Os alumnos e as alumnas de 1º estiveron a plantar unha morea deles, pois neste curso, e dentro do proxecto da Biblioteca, están a estudar os Países Baixos, onde, como xa sabedes, o tulipán é a flor máis característica. Que bonito imos ter o patio con todos estes tulipáns florecendo!
xoves, 23 de marzo de 2017
luns, 20 de marzo de 2017
venres, 17 de marzo de 2017
Novas ras!
|
|
|
|
|
|
Plantamos en marzo
|
|
| |
|
|
|
|
|
|
|
|
luns, 6 de marzo de 2017
INICIO DA PRIMAVERA 2017
A primavera
do ano 2017 comezará oficialmente o vindeiro 20 de marzo, ás 11:29 horas, segundo cálculos do Observatorio
Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento).
Esta estación durará 92 días y 18 horas, e rematará o 21 de xuño co comezo do
verán.
Neste
período o ceo da mañá vai estar dominado polos planetas Venus e Saturno. Este
último tamén será visible pola noite durante o mes de xuño. Xúpiter vai ser visible toda a noite e,
desde mediados de abril, tamén o veremos no ceo da mañá. Marte tamén será visible pola mañá e á tardiña.
Debemos ter
en conta, tamén, que o domingo 26 de marzo terá lugar o cambio de hora, recuperando o horario de verán.
Este día, o
20 de marzo será o equinoccio de
primavera. Nos equinoccios o día dura case o mesmo que a noite, é dicir, 12
horas, e iso é así en todos os lugares da Terra. Isto ocorre dúas veces ao ano:
en marzo e en setembro. Daquela, os dous polos da Terra están á mesma distancia
do Sol, e encóntrase iluminada unha metade
exacta da Terra, mentres que a outra está escura. Ademais, nestes días o
Sol nace exactamente polo punto do leste
e se pon de igual xeito polo do oeste.
Información
obtida nas seguintes direccións:
http://www.elmundo.es/ciencia/2017/03/02/58b7f4e2468aebf1438b4618.html
http://www.cuandopasa.com/index.php?v=v27907h
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)