mércores, 18 de xaneiro de 2017

HELLEBORUS NIGER e BOMBUS TERRESTRIS

Mirade que flores máis chulas temos na entrada do colexio, en pleno inverno. A planta ten varios nomes: heléboro, rosa de Nadal, rosa de Noel... O seu nome científico é Helleborus niger. Tamén podedes ver un abellón, Bombus terrestris, libando destas flores. Este insecto é moi beneficioso porque as súas patas traseiras ten longos pelos aos que se quedan pegados os grans de polen das flores; é moi beneficioso, pois, para a agricultura e os xardíns.


Carro

Ningún comentario:

Publicar un comentario