Nesta semana comezamos o plan de
recollida de restos para compost, no que participarán todas as aulas do
colexio. Imos ir recollendo os restos vexetais das merendas do recreo en
diferentes receptores, en ambos os dous edificios, para, posteriormente levalos
aos composteiros que temos no horto. Con esta actividade e outras relacionadas
coa reciclaxe e a compostaxe pretendemos facer conscientes aos alumnos e as
alumnas sobre a importancia de reciclar, reutilizar e reducir o noso impacto
sobre O entorno e adquirir uns hábitos cada vez máis respectuosos co Medio Ambiente.
|
Así mesmo, xa comezaron a súa actividade
as ecobrigadas, encargadas de supervisar o consumo de enerxía eléctrica no
colexio. Xunto aos alumnos e as alumnas maiores, comezaron esta experiencia a
xente máis miúda de Primaria. Todos os recreos un grupo de rapaces e rapazas
revisan que so se estea utilizando a iluminación artificial imprescindible,
promovendo o consumo enerxético responsable, tamén un bo hábito de respecto ao
Medio Ambiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario