Mantis, barbantesa (Mantis religiosa).
Este insecto atopámolo polo mes de novembro á mesma entrada
do colexio. Collémolo nun tarro e obsevámolo durante un tempo. Finalmente
fixémoslle estas fotografías e devolvémolo á natureza. Impresionáronos os seus
ollos e o seu porte altivo e elegante. É unha sorte que sen saír do colexio
podamos admirar animais tan belos e curiosos. Gústanos os animais, tamén os que
moitas veces chámanse bechos dun xeito despreciativo, pero nós sabemos que
todos os animais son importantes, e que cada un deles é un ser vivo especial.
Por iso respectámolos e non os matamos. Se queredes ter máis información sobre
este insecto, premede na primeira fotografía ou neste enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario