|
|
|
|
martes, 20 de decembro de 2016
FRÍO!
mércores, 7 de decembro de 2016
NA LAGOA
Na
nosa lagoa, aos poucos, van comezando a convivir diferentes especies
vexetais e animais. Unha parte importante das plantas puxémolas nós,
pero tamén van chegando a ela restos doutras plantas e árbores. Os
animais, en troques, proceden a maioría do entorno, pois nós so
introducimos peixes e ras. Temos observado a presencia do escaravello
mergullador, xunto con algunhas arañas que se desprazan camiñando
sobre a auga, ademais de vermes e algúns tipos que aínda non temos
identificado de larvas. Por suposto, ademais, algún paxaro xa se viu
dar un baño aquí. Como podedes observar nalgunhas fotos tamén
estamos a poñer pedras, algunhas delas bastante grandes; estas
pedras tróuxoas a nai de Elvis e Javier, moitas gracias...!
A
lagoa tamén comeza a recibir moitas visitas dos nosos alumnos e
alumnas, e tamén de dalgúns pais e nais. Animámosvos a todos e
todas a que veñades vela, a ver que vos parece, e non dubidedes en
dar as vosas opinións, que serán benvidas e nos axudarán a
mellorar e a aprender, xa que tal é un dos obxectivos fundamentais
das nosas actuacións, que entre todos e todas nos vaiamos
enriquecendo mutuamente coas nosas diversas experiencias e
aprendizaxes.
Con
esta experiencia, ademais, pretendemos tomar consciencia de que o
noso mundo é un mundo radicalmente vivo, no que todos os organismos
que nel viven teñen o seu papel e a súa importancia e que temos que
respectalos porque nós participamos dese mundo, somos parte del e
sen el tampouco nós existiriamos.
|
|
|
venres, 25 de novembro de 2016
A LAGOA EN MARCHA!
Esta semana
os pais de Alexandra de 3 anos, Mario e Beatriz, nos axudaron a enriquecer a
nosa lagoa. Trouxeron unha parella de peixes koi e algunhas ras. A maioría das
ras xa comezaron a hibernar, pero estas quedaron atrasadas, así que chegaron
para poder dar algúns chimpos antes. Tamén nos trouxeron plantas adaptadas á
vida nas lagoas, xunto con informacións sobre elas, que agora vos transmitimos.
As dúas primeiras plantas, Eichornia Crassipes, ou lirio de auga, e
Myriophyllum, fento de auga. A primeira destas plantas absorbe as sales
minerais disolúbeis na auga e evita a insolación e proporciona sombra; a
segunda é unha planta oxixenante, sérvelle de alimento aos peixes e permite as
postas e desoves de peixes e anfibios. Por outra parte trouxéronos plantas tapizantes,
Vessicularia dubyana.
Moitísimas
gracias, Mario e Beatriz.
|
|
| |
|
|
|
|
xoves, 10 de novembro de 2016
A LAGOA EN MARCHA
Onte puxemos máis plantas na nosa charca. Desta vez trátase de plantas que van rodear a charca e nos amosarán un entorno máis natural, que tamén aproveitarán as nosas ras e outros animais para se agochar nelas. Se queredes buscar información sobre estas plantas, tomade nota dos seus nomes:
- Cotoneaster salicifolius
- Phormium tenax
- Uncinia rubra
- Carox
mércores, 9 de novembro de 2016
venres, 4 de novembro de 2016
XA TEMOS A NOSA LAGOA!
Que vos parece a nosa lagoa hoxe? Coidamos que
mellorou durante a fin de semana, pois a auga xa non está tan turbia. Dentro de
pouco a nosa lagoa irá creando o seu propio ecosistema onde todos os seres
vivos conviven e dependen uns dos outros. A isto van contribuír as plantas
acuáticas que puxemos. Velaí a lista das que xa están:
- Nenúfares ((Nymphaea spp.) tamén chamados lirios de auga
- Elodea, unha planta acuática que vive totalmente somerxida na auga
- Typha latifolia, unha especie de xunco ou espadana, tamén chamada mazá de auga
- Cyperus, outra especie de xunco. Deste mesmo xénero é o papiro, a planta coa que os antigos exipcios facían unha lámina na que podían escribir
- Equisetum arvense, ou cola de cabalo
- Alisma, outra planta acuática con flores moi vistosas
- Alocasia spp., ou orella de elefante
mércores, 26 de outubro de 2016
COMEZAMOS O TABALLO NA CHARCA
Ola a todos e a todas! Como vedes nas fotos, xa comezamos a instalar a nosa charca. Estamos a traballar todos os alumnos e alumnas de Infantil, máis algúns pais e nais que viñeron axudarnos. Como podedes apreciar, tamén, os traballos van moi avanzados, e contamos ter a charca preparada en pouco tempo. Xa estamos desexando escoitar cantar ás ras!
|
|
|
|
|
|
|
|
xoves, 13 de outubro de 2016
luns, 10 de outubro de 2016
RECOLLEITA DE XIRASOLES
Este pasado venres os alumnos e alumnas de Educación Infantil, coa axuda do alumnado de 6º, estiveron recollitando sementes dos xirasoles que tiñamos plantado no horto. Falta pouco para comer as nosas pipas!
| |
|
|
luns, 3 de outubro de 2016
XIRASOLES
Xa temos semillas de xirasol, pipas, nos nosos xirasoles! Esta semana recolleremos as flores, poñerémolas na entrada do colexio para expoñelas uns días, e despois... ímolas tostar e comelas entre todos e todas. Xa veredes que ben saben!
xoves, 29 de setembro de 2016
RECOLLIDA DE RESTOS PARA COMPOST E ECOBRIGADAS
Nesta semana comezamos o plan de
recollida de restos para compost, no que participarán todas as aulas do
colexio. Imos ir recollendo os restos vexetais das merendas do recreo en
diferentes receptores, en ambos os dous edificios, para, posteriormente levalos
aos composteiros que temos no horto. Con esta actividade e outras relacionadas
coa reciclaxe e a compostaxe pretendemos facer conscientes aos alumnos e as
alumnas sobre a importancia de reciclar, reutilizar e reducir o noso impacto
sobre O entorno e adquirir uns hábitos cada vez máis respectuosos co Medio Ambiente.
|
Así mesmo, xa comezaron a súa actividade
as ecobrigadas, encargadas de supervisar o consumo de enerxía eléctrica no
colexio. Xunto aos alumnos e as alumnas maiores, comezaron esta experiencia a
xente máis miúda de Primaria. Todos os recreos un grupo de rapaces e rapazas
revisan que so se estea utilizando a iluminación artificial imprescindible,
promovendo o consumo enerxético responsable, tamén un bo hábito de respecto ao
Medio Ambiente.
martes, 27 de setembro de 2016
Comeza o outono!
O outono de 2016 comezou o 22 de setembro, ás 16h 21m, hora
oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional
(Instituto Geográfico Nacional - Ministerio de Fomento). Esta estación
durará 89 días e 20 horas, e rematará o 21 de decembro, co
comezo do inverno (datos proporcionados pola páxina do Instituto Geográfico Nacional, http://astronomia.ign.es/inicio-de-las-estaciones).
martes, 20 de setembro de 2016
Ecobrigadas
Onte comezaron a actuar as Ecobrigadas no noso cole, como ven sendo habitual nos últimos cursos. Trátase dunha actividade que levan a cabo os alumnos e as alumnas de 1º, encamiñada a efectuar a supervisión do consumo de luz eléctrica en todo o colexio. Quen o realizan encárganse de verificar que non haxa luces acesas cando non son necesarias, e faise no recreo. Esta semana comeza o alumnado de 6º, a quen acompañan alumnos e alumnas de 1º para ir coñecendo o seu funcionamento.
Aquí abaixo vedes as follas de rexistro que empregamos.
Aquí abaixo vedes as follas de rexistro que empregamos.
martes, 13 de setembro de 2016
O noso colexio
Aquí tedes unha aproximación ao plano do noso colexio. O que pretendemos non é tanto ser fieis a unha escala precisa, senon representar as súas dependencias e, en especial, as áreas nas que traballamos en relación ao horto e a diferentes actividades medioambientais. Así, podedes ver onde está o horto e a zona verde interior relacionada con el, xundo co espazo adicado ás plantas aromáticas. Tamén vedes que temos unha zona verde exterior moi ampla, áreas con arborado e outros espazos nos que tamén traballamos.
xoves, 8 de setembro de 2016
Benvida ao novo curso 2016-2017
Benvidos e benvidas ao novo curso 2016-2017! Desde
este blogue desexámosvos un comezo de curso con moita enerxía e ilusión
por aprender. Desde este blogue queremos animarvos a que participedes en todas
as actividades que temos pensadas para levar a cabo durante o curso, e tamén a
que vós propoñades as vosas ideas sobre o que vos gustaría facer e traballar en
relación á Natureza e o Medio Ambiente, co que está relacionada a vida de todos
os seres humanos e do que dependemos. Neste curso seguiremos traballando no
noso horto, por suposto, xa desde este mes de setembro. Ademais, imos ampliar
as actividades relacionadas coa elaboración e estudo do compost, plantaremos
todo tipo de hortalizas e tamén experimentaremos co cultivo de brotes para
realizar almorzos saudables, faremos experiencias con plantas aromáticas,
instalaremos un estanque para ras, iremos limpar o noso tramo do río Sionlla e
un montón de actividades máis que xa vos iremos contando... Así que, ánimo, que
este curso ímolo pasar moi ben!
|
|
|
|
|
|
luns, 27 de xuño de 2016
Recollendo a colleita
| |
martes, 21 de xuño de 2016
martes, 24 de maio de 2016
PLANTACIÓN DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º
|
|
|
|
|
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)