martes, 30 de xuño de 2015

Actividades no Horto do Xixirei, curso 2014-2015

https://youtu.be/nuRZrE4bgSg
E así remata o curso no que ao horto e a actividades de Medio Ambiente se refire. Foi un curso moi variado, e traballouse arreo en todas as aulas. Neste curso fixeron a súa importante contribución as actividades propostas polo departamento da Biblioteca, e todas as aulas contribuíron ao esforzo común. Así mesmo, introducíronse algunha novidades no traballo do horto, como o emprego de caixas de cultivo na entrada do edificio de Infantil ou a experimentación con novas plantas, algunhas que foron adiante, como a alcachofa, o cacahuete ou o azafrán, mentres que outras non, como os intentos de cultivar trigo ou espárragos. Neste último caso, seguirémolo intentando! Sirva este vídeo como resumo destes traballos. E o curso que ven volveremos con forzas renovadas e gañas de facer as cousas mellor.
Ata pronto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario