E así remata o curso no que ao horto e
a actividades de Medio Ambiente se refire. Foi un curso moi variado,
e traballouse arreo en todas as aulas. Neste curso fixeron a
súa importante contribución as actividades propostas polo
departamento da Biblioteca, e todas as aulas contribuíron ao esforzo
común. Así mesmo, introducíronse algunha novidades no traballo do
horto, como o emprego de caixas de cultivo na entrada do edificio de
Infantil ou a experimentación con novas plantas, algunhas que foron
adiante, como a alcachofa, o cacahuete ou o azafrán, mentres que outras non,
como os intentos de cultivar trigo ou espárragos. Neste último
caso, seguirémolo intentando! Sirva este vídeo como resumo destes
traballos. E o curso que ven volveremos con forzas renovadas e gañas
de facer as cousas mellor.
Ata pronto!