Temos compostaxe! Esta semana baleiramos os nosos composteiros e comprobamos a súa textura. Despois botámolo na terra da horta, á espera de traballalo coa fresa. Gustounos moito o resultado acadado!
martes, 10 de novembro de 2015
venres, 23 de outubro de 2015
luns, 28 de setembro de 2015
Comezamos a traballar no horto
Comezamos a traballar no horto este venres pasado os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria saíron ao horto a cachear patacas e recoller as cabazas que podedes ver nestas imaxes. Tamén fixeron unha boa limpeza, podando e arrincando malas herbas. Foi un bo traballo!
luns, 7 de setembro de 2015
COMEZAMOS UN NOVO CURSO!
COMEZAMOS UN NOVO CURSO!
Ola a todos e a todas, xa estamos aquí
de novo, e despois das vacacións, que esperamos que disfrutárades
de verdade, ímosvos propoñer un curso no que pretendemos que o
pasedes moi ben, con actividades interesantes relacionadas co
coñecemento, a protección e a defensa do medio ambiente, porque
defender o medio ambiente é mellorar as vidas de todos os
seres vivos, incluídos, por suposto, os seres humanos e, en
definitiva a vida na Terra, que é a nosa casa e o lugar donde
vivimos nós e onde vivirán as novas xeracións.
Queremos aprender moitas cousas sobre a
vida na Terra, sobre o lugar no que vivimos, sobre como levar unha
vida máis sana e en harmonía coa natureza...
Sabemos, ademais, que
se vivimos esta aventura xunt@s podemos aprender moito máis, pois
todas as persoas aprendemos unhas das outras, e axúdándonos
mutuamente aínda moito máis. E cando dicimos que todas aprendemos
de todas estamos dicindo, por exemplo, que non so os alumnos e
alumnas aprenden dos profesores e profesoras, senón que os
profesores e profesoras aprendemos tamén dos alumnos e alumnas.
Ademais, está demostrando que cando colaboramos todos e todas na
aprendizaxe, ista é motísimo maior!
martes, 30 de xuño de 2015
Actividades no Horto do Xixirei, curso 2014-2015
E así remata o curso no que ao horto e
a actividades de Medio Ambiente se refire. Foi un curso moi variado,
e traballouse arreo en todas as aulas. Neste curso fixeron a
súa importante contribución as actividades propostas polo
departamento da Biblioteca, e todas as aulas contribuíron ao esforzo
común. Así mesmo, introducíronse algunha novidades no traballo do
horto, como o emprego de caixas de cultivo na entrada do edificio de
Infantil ou a experimentación con novas plantas, algunhas que foron
adiante, como a alcachofa, o cacahuete ou o azafrán, mentres que outras non,
como os intentos de cultivar trigo ou espárragos. Neste último
caso, seguirémolo intentando! Sirva este vídeo como resumo destes
traballos. E o curso que ven volveremos con forzas renovadas e gañas
de facer as cousas mellor.
Ata pronto!
mércores, 10 de xuño de 2015
martes, 2 de xuño de 2015
Últimos traballos no horto
Nesta última quincena, no Horto do Xixirei plantamos moitas hortalizas, como podedes ver nesta publicación ao premer na imaxe. Esperemos que todo medre sen problemas!
martes, 26 de maio de 2015
luns, 18 de maio de 2015
Plantacións recentes
mércores, 29 de abril de 2015
HORTOS DE MADEIRA
Nos hortos de madeira á entrada do edificio de Infantil xa están a medrar as hortalizas. Temos plantado un pouco de todo.
venres, 24 de abril de 2015
PLANTANDO CON 5º
Os alumnos e alumnas de 5º saíron plantar ao horto a semana pasada. Se queres ver que fixeron preme nesta imaxe.
luns, 13 de abril de 2015
martes, 24 de marzo de 2015
luns, 23 de marzo de 2015
Traballando no horto
xoves, 19 de marzo de 2015
luns, 16 de marzo de 2015
martes, 10 de marzo de 2015
PROXECTO "A PATACA"
Durante este segundo trimestre, os alumnos e alumnas de Educación Infantil están a traballar sobre o seu proxecto de "A PATACA". Entre outras moitas actividades, están facendo unha investigación sobre este tubérculo e outras hortalizas que se desenvolven baixo terra (allo, cebola, remolacha...).
xoves, 19 de febreiro de 2015
UN HORTO DE CONTOS
Seguindo a programación do Proxecto de Biblioteca que estamos a desenvolver neste curso, co título "Un horto de contos", nas aulas de Infantil puxeron en marcha varias actividades, entre elas unha serie de experimentos, dos que estas imaxes son unha mostra.
martes, 10 de febreiro de 2015
·ENTROIDO 2015
Este curso o Entroido do colexio vai relacionado coa horta e o mundo
agrícola, polo que imos vir todos e todas con disfraces relacionados con
ese tema. Se queredes ir vendo fotos, podedes ir á GALERÍA da páxina web do colexio.
xoves, 29 de xaneiro de 2015
martes, 20 de xaneiro de 2015
OS NENOS DE INFANTIL NO HORTO
Este xaneiro os alumnos e alumnas de Educación Infantil plantaron no horto os allos que sementaran no mes de decembro nas aulas.
xoves, 8 de xaneiro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)