Ola a todos e todas:
Este venres pasado fomos varios cursos a
limpar o río Sionlla, en As Pontes. Como este lugar está cerca do noso colexio,
decidimos adoptalo como parte do noso traballo de coidado do medio ambiente.
Ao comezo parecía que estaba todo moi
limpo e que había pouco que traballar, pero démonos de conta de que non era
así, pois atopamos todo tipo de lixo, algúns moi contaminantes: como unha
batería de coche!!
Tamén atopamos pilas, botellas de
plástico, anacos de cristais, de
cemento, restos de roupa, anacos de tubería...
Non nos gustou nada de nada o que
atopamos, pero estamos contentos porque contribuímos a que un anaquiño da
natureza permaneza máis limpo durante algún tempo. Ademais divertímonos moito,
facía un día estupendo e disfrutamos da auga.
Pero pedimos a todas as persoas que teñan
coidado coa natureza, que é de todos e todas e que dela depende o futuro da
nosa vida na Terra.
Un saúdo e ata outro día!
Ningún comentario:
Publicar un comentario