mércores, 29 de outubro de 2014

Traballamos coas plantas en Infantil

En Educación Infantil estamos a levar a cabo un obradoiro de plantas. Vai durar todo o curso, e imos ir facendo unha chea de experiencias e experimentos con plantas. Comezamos recollendo froitos, follas e sementes do outono, e plantando moitas destas sementes. Tamén fixemos algún experimento moi interesante, como xa vos iremos contando.







luns, 6 de outubro de 2014

SAÍDA AO RÍO SIONLLA





Ola a todos e todas:

Este venres pasado fomos varios cursos a limpar o río Sionlla, en As Pontes. Como este lugar está cerca do noso colexio, decidimos adoptalo como parte do noso traballo de coidado do medio ambiente.

Ao comezo parecía que estaba todo moi limpo e que había pouco que traballar, pero démonos de conta de que non era así, pois atopamos todo tipo de lixo, algúns moi contaminantes: como unha batería de coche!!

Tamén atopamos pilas, botellas de plástico, anacos de cristais,  de cemento, restos de roupa, anacos de tubería...

Non nos gustou nada de nada o que atopamos, pero estamos contentos porque contribuímos a que un anaquiño da natureza permaneza máis limpo durante algún tempo. Ademais divertímonos moito, facía un día estupendo e disfrutamos da auga.

Pero pedimos a todas as persoas que teñan coidado coa natureza, que é de todos e todas e que dela depende o futuro da nosa vida na Terra.  

Un saúdo e ata outro día!