mércores, 26 de novembro de 2014

mércores, 29 de outubro de 2014

Traballamos coas plantas en Infantil

En Educación Infantil estamos a levar a cabo un obradoiro de plantas. Vai durar todo o curso, e imos ir facendo unha chea de experiencias e experimentos con plantas. Comezamos recollendo froitos, follas e sementes do outono, e plantando moitas destas sementes. Tamén fixemos algún experimento moi interesante, como xa vos iremos contando.







luns, 6 de outubro de 2014

SAÍDA AO RÍO SIONLLA





Ola a todos e todas:

Este venres pasado fomos varios cursos a limpar o río Sionlla, en As Pontes. Como este lugar está cerca do noso colexio, decidimos adoptalo como parte do noso traballo de coidado do medio ambiente.

Ao comezo parecía que estaba todo moi limpo e que había pouco que traballar, pero démonos de conta de que non era así, pois atopamos todo tipo de lixo, algúns moi contaminantes: como unha batería de coche!!

Tamén atopamos pilas, botellas de plástico, anacos de cristais,  de cemento, restos de roupa, anacos de tubería...

Non nos gustou nada de nada o que atopamos, pero estamos contentos porque contribuímos a que un anaquiño da natureza permaneza máis limpo durante algún tempo. Ademais divertímonos moito, facía un día estupendo e disfrutamos da auga.

Pero pedimos a todas as persoas que teñan coidado coa natureza, que é de todos e todas e que dela depende o futuro da nosa vida na Terra.  

Un saúdo e ata outro día!

martes, 16 de setembro de 2014

Comezamos un novo curso!



Ola a todos e todas!
De novo emprendemos un novo curso e facémolo con ilusión e ganas de aprender. E o horto parece que vai ser un dos elementos centrais arredor do cal xirarán moitas actividades do colexio, baixo o título “Un horto de contos”, como teredes visto no díptico que levaron os rapaces e rapazas para casa. Para empezar, nas entradas do colexio puxéronse novas plantas con flor. Tamén, imos recolectar as plantas aromáticas do horto, que este ano medraron como nunca. Aquí podedes ver algunhas das plantas con flor.

 
 
 

xoves, 19 de xuño de 2014

A VIAXE

http://youtu.be/8yhswx_WShQ
Vídeo feito polos alumnos e alumnas de 6º. Nel nos contan unha historia dunha viaxe. Premede na foto se queredes vela. Vaivos gustar!

xoves, 12 de xuño de 2014

Presentación do Horto do Xixirei

Se queres ver unha presentación en Google Docs sobre o noso horto preme nesta imaxe. Cando esteas nel podes premer en iniciar presentación ou mesmo podes descargala.
https://docs.google.com/presentation/d/1JTKYBPh3zUbZj3z_jCrq-I64WfLDYSMfzfoNzEGAGk8/edit#slide=id.p


luns, 12 de maio de 2014

Traballando no Xixirei

Eís algunhas fotos da última xornada de traballo no noso horto, dos alumnos e as alumnas de 2º e 3º de Educación Primaria. Preme na foto para ver un resumo.
http://issuu.com/ceipmestrerodriguezxixirei/docs/traballando_no_horto_do_xixirei

mércores, 7 de maio de 2014

martes, 6 de maio de 2014

Alumnos e alumnas de 1º e 2º plantando

Este venres pasado, os alumnos e as alumnas de 1º e 2º plantaron no horto leitugas, espinacas e tirabeques. Dáselles moi ben!

 
 
 

venres, 25 de abril de 2014

O ALLO

O allo é unha das hortalizas que temos plantadas no noso horto neste momento (tamén temos leitugas, repolos, chícharos, brócoli...). Estes allos plantáronos os alumnos e alumnas de Educación Infantil no inverno, tivéronos en sementeiro nas aulas e despois plantáronos no horto.


luns, 31 de marzo de 2014

Traballo no horto

Se premes nesta imaxe poderás ver un resumo do traballo dos alumnos e alumnas de 5º e 6º este pasado venres:
http://issuu.com/ceipmestrerodriguezxixirei/docs/traballo_de_5___e_6__

martes, 11 de marzo de 2014

Traballando no horto

Os alumnos e alumnas de Infantil plantamos allos.

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º fomos plantar hortensias e roseiras.


Os alumnos e alumnas de 2º plantamos leitugas.



xoves, 6 de marzo de 2014

Os alumnos e alumnas de Primeiro plantamos leguminosas (lentellas, garbanzos e fabas). Levamos as plantas para a nosa aula. Cando estean algo medradas plantarémolas no horto do colexio.