mércores, 1 de abril de 2020

Sementando en tubos de cartón

Neste blog, de A horta de Artes, dannos ideas moi interesantes para plantar reutilizando materiais comúns que temos nas nosas casas. Neste artigo, amósanos un xeito moi orixinal e sinxelo de facer sementeiros cos tubos de cartón do papel hixiénico. Neste enlace ou na imaxe de abaixo podedes ver como fan. A que é unha idea xenial? 

martes, 31 de marzo de 2020

Visita virtual ao Museo do Mar de Galicia

Hoxe recomendámosvos unha visita virtual ao Museo do Mar de Galicia, en Vigo. Neste museo aprenderemos moitas cousas sobre a bioloxía mariña, coñeceremos a actividade pesqueira ao longo da historia, referida á pesca, o marisqueo e a acuicultura, así como os métodos de conservación do peixe que se foron dando ao longo da historia, desde os primitivo salgado ata a conxelación e a evolución das embarcacións. Tamén visitaremos o acuario, onde poderemos ver os diferentes ecosistemas da contorna do museo. 
Premede neste enlace ou na imaxe de abaixo para comezar a visita.

luns, 30 de marzo de 2020

Elaboración de receitas







Como vedes, nalgunhas casas están a elaborar unhas receitas moi saborosas. Nas dúas primeiras imaxes vedes a Antón preparando as rosquillas que están na imaxe da súa dereita. Ildara e Román fixeron rosquillas de anís, as da receita do medio. Nas dúas últimas imaxes vedes as tortitas de plátano que preparou Leo e a súa receita. Bo proveito!

domingo, 29 de marzo de 2020

Museo Pedagóxico de Galicia

Hoxe facemos unha visita virtual ao Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), en Santiago de Compostela, un museo moi interesante que ten como obxectivo a conservación e difusión do patrimonio pedagóxico galego e a recuperación da memoria educativa. Preme neste enlace ou na imaxe para facer a visita.

venres, 27 de marzo de 2020

Parque Natural Fragas do Eume

Ola a todas e a todos, a partires de hoxe empezaremos a visitar de maneira virtual algún lugar natural, tanto de Galicia como doutros lugares de España. Procuraremos que haxa variedade e comezaremos por espazos naturais que quedan preto de nós. Esperamos que vos gusten e que cando remate a corentena vos apeteza ir visitalos e facer algunha ruta a pe.
Hoxe imos visitar o Parque Natural Fragas do Eume, na provincia de A Coruña. Estas fragas son un dos bosques atlánticos de ribera mellor conservados de Galicia. Están, como o seu nome indica, a carón do río Eume e constitúen un ecosistema moi valioso en flora e fauna.
Para realizar esta visita podes premer neste enlace ou na imaxe de abaixo. Esperamos que vos guste!

xoves, 26 de marzo de 2020

EXPERIMENTO: BROTES NA FIESTRA


MATERIAIS
  • Panos de papel.
  • Tesoiras e cinta adhesiva.
  • Bolsa de plástico con peche.
  • Auga.
  • Sementes.

PROTOCOLO
  1. Corta un pano pola metade e prégao ao tamaño da bolsa
  2. Móllao en auga, quítalle o exceso de auga e méteo na bolsa.
  3. Planta no fondo dúas ou tres fabas a uns 3 cm e no mesmo lado do pano. Se é preciso pon un papel no fondo para que absorba o exceso de auga.
  4. Pecha a bolsa parcialmente deixando unha abertura para que as sementes reciban un pouco de aire.
  5. Pega a bolsa á fiestra con cinta adhesiva, coas xudías cara dentro.

Para este experimento elixe unha fiestra que reciba moita luz, pero procura que as sementes non sequen pola intensidade do sol.

As sementes precisan certos sinais para espertar, activarse, e dar lugar a unha planta. Entre estes sinais está o recibir unha cantidade de luz determinada.
Aquí poderás ver como a semente se vai ir contraendo mentres a planta comezará a medrar.
Cando a semente estea esgotada, será o momento de transplantar o brote a unha maceta con terra.  



mércores, 25 de marzo de 2020

A migración do carrán Ártico

Neste interesante artigo podedes ler como o charrán ártico (Sterna paradisaea), que recorre o planeta de norte a sur, tamén fai escala en Galicia nestes días. Ánimo carrán, chega ben ao teu destino!


Preme nesta dirección para ler unha nova sobre el:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/03/24/migracion-larga-tierra-escala-galicia/00031585074286974501841.htm