mércores, 28 de abril de 2021
Reacción química ácido-base
Club de Ciencia
domingo, 18 de abril de 2021
Terrarios en 4º de Educación Primaria
O alumnado de 4º de primaria estivo deseñando e facendo os seus terrarios. Que artistas!!!!
Plantando no horto
Nesta primavera todas as aulas están a participar nos traballos do horto, tanto na súa preparación como plantando diferentes hortalizas e plantas. Xa levamos plantados xudías, calabacíns, leitugas, berenxenas, pementos, tomates corazón de boi, allos, cebolo e tomates. Ademais, cambiamos os invernadoiros de lugar, temos un novo espazo e xeito de gardar as ferramentas e estamos a empregar técnicas tradicionais para dispoñer dos cultivos (canas, rafia...). Aquí podedes ver algunhas das numerosas accións que as diferentes aulas están a levar a cabo. Na páxina de Instagram do colexio podedes ver as actividades día a día.
mércores, 14 de abril de 2021
O arco da vella das densidades
Esta semana na aula de 4º de Educación Primaria fixeron este experimento para traballar as densidades. Para iso houberon de aventurar hipóteses e comprobar os resultados das mesmas. Nestas imaxes podedes ver o ben que resultou!
A voltas coas patacas!
O alumnado de 1º de Educación Primaria estivo traballando coa patacas. Aquí podedes ver todo o proceso que levaron a cabo, desde que xermolaron ata que se plantaron no horto. Igualmente, plantaron porros. Traballaron moi duro!
A NOVA LAGOA
Mirade como se volveu facer a nosa lagoa! Moitas grazas a todas e a todos pola vosa axuda e participación. Quedou unha lagoa moi chula!
mércores, 7 de abril de 2021
Experimento sobre densidades de líquidos
Hoxe na aula de 5º de Primaria fixeron un experimento para determinar a diferencia de densidade entre varios líquidos (auga, alcohol, leite condensado, mel e aceite). Cada equipo elaborou hipóteses, probounas e finalmente estableceu a gradación de densidades, o arco da vella de densidades, correspondente. Neste vídeo podedes ver unha parte do proceso de investigación.