martes, 16 de xuño de 2020

O equilibrio dos ecosistemas e a biodiversidade

Neste vídeo fálannos da importancia de protexer o noso planeta respectando a súa diversidade.

Actividade 17 do Museo de Historia Natural da USC

O Museo de Historia Natural da USC ven de publicar un novo obradoiro para facer na casa, o número 17. Baixo o título "Unha augamar moi perigosa", no que nos ensinan a facer unha augamar, unha medusa con materiais que temos na nosa casa. Tamén fálannos da importancia dos mares e os océanos e da necesidade de protexelos dos plásticos.

domingo, 7 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS 2020

Hoxe, 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos. As Nacións Unidas lémbrannos que o noso océano é o noso futuro. Este día sérvenos para darnos de conta de que a actividade dos seres humanos está a  influir negativamente no seu estado e que temos que poñernos en marcha para preservar os océanos e, polo tanto, a vida sobre a Terra. Preme neste enlace ou na imaxe inferior para acceder a toda a información que nos ofrecen.
O secretario xeral das Nacións Unidas lémbranos que os océanos son o noso sustento. Son fundamentais para que poidamos vivir, Dentro deles existe unha gran diversidade biolóxica e sonunha defensa vital fronte a emerxencia climática que sufre o noso planeta.Se premes neste enlace ou na imaxe de abaixo, podes ler toda a mensaxe.
Tamén podes acceder ao portal oficial do Día Mundial dos Océanos: https://unworldoceansday.org/.
Na páxina de Aulas Galegas podes completar o nome de diferentes peixes:


venres, 5 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano o tema central deste día é a biodiversidade, a diversidade, a cantidade e a variedade de seres vivos que habitan no noso planeta. É moi importante que existan moitas y variadas formas de vida. Grazas a ela temos auga e aire limpos, alimentos nutritivos, medicamentos naturais e podemos resistir a enfermidades naturais e se frea o cambio climático.

Hoxe en día a biodiversidade está en perigo, debido á acción dos seres humanos que provoca deforestación (desaparición de bosques e selvas), invasión dos hábitats da vida silvestre, a práctica da agricultura intensiva ou a contaminación atmosférica.
A aparición do COVID19 demostrou que cuando destruimos a biodiversidade poñemos en perigo a vida humana. 
Por iso é necesario que tomemos conciencia e cambiemos os nosos hábitos de vida, como persoas e na nosa sociedade.
Premendo neste enlace ou na imaxe de arriba, podedes acceder á paxína nas Nacións Unidas e ter máis información sobre esta situación e o que podemos facer entre todas e todos.
Neste outro enlace podedes visitar o sitio web do Día Mundial do Medio Ambiente do Programa das Naciones Unidas para o Medio Ambiente, onde atoparedes máis información.

xoves, 4 de xuño de 2020

Eco-Ideas ADEGA sobre aforro de auga

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), envíanos unha nova actividade de Eco-Ideas, desta vez sobre o consumo responsable de auga nos nosos fogares, dándonos a coñecer algúns trucos para aforrar no seu consumo. Premede neste enlace ou na imaxe para velos. 

mércores, 3 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DA BICICLETA


Hoxe, 3 de xuño celébrase o Día Mundial da Bicicleta. A páxina das Nacións Unidas lémbranos que a bicicleta é un medio de transporte sostible, sinxelo, asequible, fiable, limpio e ecolóxico que contribúe á xestión ambiental e beneficia a saúde.

Por iso anímanos a usar a bicicleta como medio para fomentar o desenvolvemento sostible, reforzando a educación das rapazas e dos rapaces, promover a saúde, previr as enfermidades, fomentar a tolerancia, o entendemento e o respecto e facilitar a inclusión social e a cultura da paz. Se queredes ter máis información desta celebración podedes premer neste enlace ou na fotografía de arriba e acceder á páxina das Nacións Unidas.
Ademais, a Dirección General de Tráfico (DGT) publicou a semana pasada nas súas redes sociais unha nova campaña divulgativa para fomentar o uso da bicicleta nas cidades, coincidindo co avance de fase en casi todas as provincias, despois da corentena. Premede no enlace para velo ou na dirección: 

luns, 1 de xuño de 2020

Serpes en Galicia

Hoxé ímosvos falar das serpes que hai en Galicia. Xa sabemos que hai moitas persoas que lles teñen medo, moito medo! 
Ás veces, este medo ten que ver con que algunhas sepres son velenosas e nos poden facer dano. Ben, isto pode pasar e temos que ser coidadosos con isto, se vemos unha serpe é mellor que a deixemos tranquila, porque ela tampouco ten intención de facernos dano, so se pode revirar contra nós se se sente atacada.

En Galicia hai catalogadas oito tipos de serpes, e so dúas son velenosas: as víboras (a víbora de Seoane e a víbora cociñuda). O xornal GCiencia móstranos estas nove serpes. Para velas so tedes que premer neste enlace ou na imaxe de arriba.
No peor dos casos, se unha víbora nos morde debemos sempre permanecer tranquilos, para evitar que o corazón se altere e comece a bombear o sangue más rapidamente por todo o corpo. A continuación temos que pedir axuda médica, debes acudir ao centro de saúde máis próximo ou chamar directamente ao 061, como nos mostran neste artigo do xornal de La Voz de Galicia que podedes ler premendo neste enlace.