luns, 27 de maio de 2019

Bolboretas

Velaí tedes unhas imaxes de en que se van transformar as nosas eirugas, que xa formaron casulo. 
 Papilio macaon

Acronicta rumicis

venres, 24 de maio de 2019

CASULOS

Nestas imaxes podedes ver que as dúas eirugas que temos acollidas no colexio xa fixeron os seus casulos para iniciar a metamorfose e finalmente transformarse en bolboretas.

A imaxe de arriba é unha eiruga de bolboreta nocturna, o seu nome científico é Acronicta rumicis. A segunda eiurga chámase Papilio machaon. Desexámoslles boa sorte na súa transformación!

Novo reparto de leitugas

Hoxe levan leitugas para as súas casas as alumnas e os alumnos de 4º de Educación Infantil, as persoas máis miúdas do noso cole, bo proveito! E lembrade que hai que comer moita verdura e moita froita para estar sans!

xoves, 23 de maio de 2019

Bolboretas






Velaí algunhas das bolboretas que debuxaron na aula de 6º de Educación Infantil para o guión do cómic que están a preparar!

Actividade sobre árbores

A semana pasada  María e Hugo, do CIPX (Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela) estiveron a facer unha actividade coas alumnas e os alumnos de Educación Infantil. Trouxeron cadernos das árbores e explicáronlles que información ían recoller neles: nome da árbore, tipo de cortiza, mostras de follas...Observando os bidueiros, castiñeiros, pradairos...que temos no patio foron recollendo información sobre eles nos cadernos. Foi moi interesante!

luns, 20 de maio de 2019

Unha enxeñeira ou científica en cada cole

Este xoves pasado as alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria tiveron na aula un obradoiro de Física Divertida, levado a cabo polas profesoras Mª José Pérez Comuñas e Encina Calvo Iglesias, da Área de FísicaAplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), dentro da IV Edición do programa da USC “Unha enxeñeira oucientífica en cada cole”. Esta experiencia tivo moito éxito entre o noso alumnado, pois ao mesmo tempo que aprenderon moitas cousas se divertiron. Xa temos ganas de que volvan o curso que ven!







xoves, 16 de maio de 2019

Outra eiruga!


Ollade que eurigua atopamos entre os fiunchos que as nosas alumnas e os nosos alumnos foron buscar. Imos averiguar de que especie se trata.

As alumnas e os alumnos de 5 anos plantan leitugas

Esta semana plantaron leitugas as alumnas e os alumnos de 6º de Educación Infantil. Xa son expertas e expertos plantadores!




mércores, 15 de maio de 2019

Insectos









Aquí podedes ver algúns insectos debuxados por as alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria.

luns, 13 de maio de 2019

Estudamos unha nova eiruga

Hoxe unha alumna de 5º de Educación Infantil trouxo unha eiruga que atopou na súa casa. Estivemos tentando determinar de que especie se trata. Pensamos que posiblemente sexa Acronicta rumicis, unha eiruga da familia Noctuidae. A vós que vos parece. Nós utilizamos unha Guía de identificación de eirugas, que teñen publicada nun blog chamado "Lepispteron", a quen lles damos as gracias por iso.
Aquí tedes unha imaxe da eiruga.



venres, 10 de maio de 2019

Bulbos

Neste último trimestre plantamos bulbos, queremos que no noso colexio haxa moitas flores. Algúns bulbos xa están a nacer, a outros aínda lles falta un pouco. Estes que vedes son algúns dos bulbos que levamos plantados.

martes, 7 de maio de 2019

Tamén incubamos ovos de parrulo!

Este luns comezamos a incubar 7 ovos de parrulo, que nos trouxo un familiar de Raúl de 5º e Lucía de 4º de Educación Primaria. Moitas gracias!!
A partir dese día quedan por diante 28 días de incubación. Esperemos que todo vaia ben e os parruliños nazan contentos. Xa vos iremos informando!


xoves, 2 de maio de 2019

INCUBANDO!

Este curso volvemos incubar. Desta vez comezamos con dous ovos de ganso ou oca, que nos trouxo unha tía de Samuel de 4º de Educación Primaria. Moitas gracias! 
Xa temos en funcionamento a incubadora e contamos que os polos nazan a semana que ven. A ver se todo vai ben e podemos darlle a benvida ao mundo a dous novos seres vivos!