Pois xa chegamos ao remate deste curso! Nel fixemos un montón de actividades, no horto e relacionadas co Medio Ambiente, que podedes ver neste blogue. Agradecémosvos a todas e todos a voso implicación e traballo, alumnas e alumnos pero tamén moitas nais e pais. Moitas gracias!
luns, 25 de xuño de 2018
venres, 22 de xuño de 2018
Pizza de coliflor
Este mércores pasado preparamos unhas pizzas de coliflor coas coliflores que cultivamos no invernadoiro do noso colexio. Despois as comemos e a moitos rapaces e rapazas de Infantil lles gustou moito. Non a todos, claro, porque non a todas as rapaces e rapazas lle gusta a coliflor. Seguiremos durante o próximo curso a coñecer e apreciar as hortalizas, pois son moi importantes para que poidamos medrar sans.
A coliflor (Brassica oleracea) contén antioxidantes (que protexe as nosas células) e moitas vitaminas e minerais, ademais de moita fibra, moi boa para o noso intestino groso e para facer ben a dixestión, entre outras moitas propiedades beneficiosas.
|
|
|
Estudo do compost con Adega
|
|
|
|
Este mércores pasado, 20 de xuño María e Itziar, de ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica da Galiza) viñeron ao noso colexio e estudamos con elas o estado do noso compost, verificando o seu estado (temperatura, humidade, textura...), estudando os diferentes animais que interveñen no proceso da compostaxer e programando os seguintes pasos a seguir de cara ao verán e o próximo curso.
Foi unha visita moi interesante. Moitas gracias María e Itziar por acompañarnos nesta actividade e moitas gracias a Adega!
luns, 18 de xuño de 2018
Inicio do verán 2018
Verán 2018
Este verán
de comezará o 21 de xuño ás 12:07, hora oficial peninsular, segundo cálculos do
Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio
de Fomento). Durará 93 días e 15 horas, e rematará o 23 de setembro co comezo do
outono.
Poderemos
ver a Venus e Xúpiter polo serán durante todo o verán. Ao principio do verán
veremos Marte ao amencer, e a fins de xullo será visible toda a noite, volvendo
a ser visible pola tarde ao comezo de agosto. Saturno será visible durante toda
a noite a comezos desta estación, e en xullo xa é visible á tardiña.
Haberá dúas
chuvias de meteoros: as delta Acuáridas, que acadan o seu máximo número polo 30
de xullo, e as Perseidas, que chegan ao seu máximo o 12 de agosto. Como non
será visible a Lúa, pois haberá lúa nova, o ceo escuro nos permitirá velas
perfectamente.
venres, 8 de xuño de 2018
DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS 2018
Hoxe, 8 de xuño é o Día Mundial dos Océanos. Este día celebrámolo para lembrar a importancia que teñen os océanos nas
nosas vidas. Estes son os pulmóns do noso planeta, xa que xeran a maioría do osíxeno
que respiramos.
Tamén conmemorámolo para tomar conciencia das consecuencias que ten
a actividade humana sobre os océanos.
É importante que todos e todas nos unamos ao obxectivo da xestión
sostible dos océanos, xa que son unha fonte importante de alimentos e medicinas
e unha parte esencial de la biosfera.
Este año, o
lema é: «Limpemos os nosos océanos», poñendo
en práctica iniciativas para previr a contaminación por plástico y propoñer
solucións para uns océanos máis limpos.
Imaxe e información
obtida da páxina web das Nacións Unidas: http://www.un.org/es/events/oceansday/
venres, 1 de xuño de 2018
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, 5 DE XUÑO
O 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Esta celebración foi establecida pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas na súa resolución do 15 de decembro de 1972. Mediante esta conmemoración a Organización de Nacións Unidas (ONU) tenta sensibilizar á poboación mundial con respecto a temas ambientais.
Este é un bo día para realizar diversas actividades relacionadas co Medio Ambiente.
Este ano a sede da celebración será a India, e nesta ocasión se centrará en combatir a contaminación por plásticos dun so uso, baixo o lema “Un planeta #SenContaminación por plásticos”.
Se queres ter máis información podes premer nestes enlaces: www.un.org/es/events/environmentday/ e http://worldenvironmentday.global/es/
No noso Concello, a Tropa Verde vaise sumar á celebración cun concurso que pretende concienciar á cidadanía sobre as alternativas no uso do plástico. Para teres máis información preme neste outro enlace: www.tropaverde.org ou a do Concello de Santiago
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)