mércores, 20 de decembro de 2017

Comezo do inverno 2017-2018


O inverno de 2017-2018 vai comezar mañá xoves, 21 de decembro ás 17h 28m hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento). Esta estación durará 88 días e 23 horas, e rematará o 20 de marzo de 2018, día no que comezará a primavera. 

Nesta estación, no ceo da maña estará veremos os planetas Marte, Xúpiter e Saturno, e pola tarde Urano, ao que se unirá Venus a mediados de febreiro.


Información obtida en http://astronomia.ign.es

martes, 12 de decembro de 2017

PLANTANDO SEMENTES








No noso colexio este curso estamos a plantar un montón de sementes de árbores, pois queremos facer un viveiro de árbores, como xa sabedes. Nas primeiras imaxes podedes ver que agromaron landras de sobreira, ou corticeira. Por outra parte, nas seguintes imaxes podedes apreciar como están a medrar os allos no semilleiro que plantaron os alumnos e as alumnas de Educación Infrantil, dentro de nada poderemos plantalos no horto!

venres, 1 de decembro de 2017

A lagoa xeada

Estes días vai moito frío. Mirade como estaba a nosa lagoa este xoves pasado, coa súa superficie xeada. Pero, a pesar diso, os peixes que viven nela seguen a nadar por baixo do xeo!