luns, 18 de setembro de 2017

Comezo do outono 2017

Este ano o outono comezará o 22 de setembro ás 22 horas e 2 minutos, hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento). Durará 89 días e 20 horas, e rematará o 21 de decembro, día no que comeza o inverno.
Respecto aos planetas, o ceo outonal pola mañá estará dominado por Marte durante toda a estación, Venus ata o mes de decembro e Xúpiter desde novembro ata fins de outono, mentres que Saturno ata primeiros de decembro e Xúpiter ao principio da estación, serán visibles no ceo vespertino.
O domingo 29 de outubro terá lugar o cambio de hora e entraremos no horario de inverno.
Esta información está recollida da páxina do Instituto Xeográfico Nacional que tedes aquí abaixo e que podedes consultar se queredes ter máis información:


venres, 15 de setembro de 2017

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!!

Benvidas e benvidos ao novo curso 2017-2018!! Outro ano máis comezamos con moitos ánimos e gañas de traballar polo Medio Ambiente. Neste curso imos facer moitas actividades relacionadas coa Natureza e co noso patrimonio material e cultural, especialmente o relacionado coa auga e coas tradicións que chegaron ata nós. Esperamos disfrutar e aprender moito!!