xoves, 22 de xuño de 2017

ANIMAIS









INICIO DO VERÁN 2017

O verán de 2017 comezou onte 21 de xuño ás 6h 24m hora oficial peninsular, segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento). Durará 93 días e 15 horas, e rematará o 22 de setembro, co inicio do outono.
O ceo da mañá estará dominado por Venus durante todo o verán e por Marte desde mediados de agosto, e ás últimas horas da tarde poderemos ver Xúpiter e Saturno, toda a estación. Durante o verán se producirán dous eclipses, o 7 de agosto haberá un eclipse parcial de Lúa, visible en España nas súas últimas fases, e o 21 de agosto un eclipse total de Sol visible, antes da posta de Sol, en Europa.
Haberá, como todos os anos, a chuvia de estrelas das Perseidas cara o 12 de agosto, pero na primeira parte da noite teremos dificultades para vela, xa que a Lúa lucirá en fase posterior á lúa chea.

Información baseada na proporcionada polo Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Fomento).

martes, 13 de xuño de 2017

POLO CAMIÑO DA NATUREZA

Velaquí tedes un vídeo resumo das actividades relacionadas co Medio Ambiente, e dentro do programa Voz Natura, que levamos a cabo durante este curso no colexio.

luns, 5 de xuño de 2017

FESTA DE VOZ NATURA 2017







O pasado venres 3 de xuño o noso colexio participou na Festa de Voz Natura, que tivo lugar, como todos estes anos pasados nas instalacións de Acea de Ama, en Culleredo. Como sabedes, lo noso Centro foi merecedor do premio provincial de Voz Natura, polo que dispuxemos dun espazo para montar un posto e amosar, así, algunhas das actividades que facemos no colexio con respecto ao Medio Ambiente e coa nosa participación no proxecto de Voz Natura. Foi unha xornada moi interesante e divertida, porque houbo moitas actividades e atraccións para os rapaces e rapazas. Quen foron do noso colexio pasárono de maravilla. Se queredes ver a noticia en La Voz de Galicia, podedes premer na imaxe ou mesmo neste enlace.