luns, 20 de febreiro de 2017

Plantamos repolos en 1º








Os alumnos e as alumnas de 1º de Educación Primaria plantaron o pasado venres repolos. Se queredes ver consellos sobre como plantar repolos, podedes premer neste enlace.

venres, 17 de febreiro de 2017

Visitas animais


Plantamos os allos no horto







Onte xoves os alumnos e as alumnas de Educación Infantil foron plantar os allos que agromaran no sementeiro. Viron como estaban as raíces nos plantóns e que xa precisaban espacio para que as plantas podan seguir medrando.

venres, 10 de febreiro de 2017

O ARCO DA VELLA!

O ARCO DA VELLA

O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín,
                            co seu colorido.                          

O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo,
beleza de flores.

O arco da vella
no ceo chantado
co seu colorín,
co seu colorado.

O arco da vella
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.

O arco da vella
de luz feito é.
¡Resulta un milagre
que siga de pé!


                             (Manuel María: Os soños na gaiola)

mércores, 8 de febreiro de 2017

PINTAFONTES



Onte no patio, entre unhas follas, atopamos un pintafontes, un tritón común (Triturus boscai). O pintafontes é un anfibio e, como todos os anfibios, a súa vida pasa por varias fases. Neste caso está vivindo nunha fase terrestre, polo que a súa cor é moi escura.  Collémolo con moito coidado, o observamos, fixémoslle algunhas fotos e finalmente devolvémolo á herba que está preto da lagoa.

xoves, 2 de febreiro de 2017

GRANXA DE CARACOIS EN EDUCACIÓN INFANTIL







Durante unhas semanas, nas aulas de Educación Infantil imos observar e estudar o comportamento dos caracois, para os que preparamos unhas "granxas" de caracois como a que vedes nestas imaxes. Imos estudar os seus costumes e ir rexistrando diferentes aspectos do seu comportamento. Esperamos aprender moito da súa vida!