martes, 20 de decembro de 2016

FRÍO!





Onte a nosa lagoa amaneceu xeada, ía moito frío! O termómetro baixou aquí a -3 ºC, e vaia se o notamos ao entrar!

mércores, 7 de decembro de 2016

NA LAGOA

Na nosa lagoa, aos poucos, van comezando a convivir diferentes especies vexetais e animais. Unha parte importante das plantas puxémolas nós, pero tamén van chegando a ela restos doutras plantas e árbores. Os animais, en troques, proceden a maioría do entorno, pois nós so introducimos peixes e ras. Temos observado a presencia do escaravello mergullador, xunto con algunhas arañas que se desprazan camiñando sobre a auga, ademais de vermes e algúns tipos que aínda non temos identificado de larvas. Por suposto, ademais, algún paxaro xa se viu dar un baño aquí. Como podedes observar nalgunhas fotos tamén estamos a poñer pedras, algunhas delas bastante grandes; estas pedras tróuxoas a nai de Elvis e Javier, moitas gracias...!
A lagoa tamén comeza a recibir moitas visitas dos nosos alumnos e alumnas, e tamén de dalgúns pais e nais. Animámosvos a todos e todas a que veñades vela, a ver que vos parece, e non dubidedes en dar as vosas opinións, que serán benvidas e nos axudarán a mellorar e a aprender, xa que tal é un dos obxectivos fundamentais das nosas actuacións, que entre todos e todas nos vaiamos enriquecendo mutuamente coas nosas diversas experiencias e aprendizaxes.

Con esta experiencia, ademais, pretendemos tomar consciencia de que o noso mundo é un mundo radicalmente vivo, no que todos os organismos que nel viven teñen o seu papel e a súa importancia e que temos que respectalos porque nós participamos dese mundo, somos parte del e sen el tampouco nós existiriamos.